off
Galiza, Historia, Movementos sociais, Política — 24 Novembro, 2017 at 8:51 a.m.

O BNG lembra nun video a expulsión en 1982 de tres deputados nacionalistas do Parlamento

by

O BNG lembra a expulsión en 1982 de tres deputados nacionalistas do Parlamento hai hoxe 35 anos lanzando  un teaser de 1:44 minutos, avance do documental que rememora aquel feito que involucrou a Bautista Álvarez, Lois Dieguez e Claudio López Garrido.


O 24 de novembro de 1982 os tres deputados nacionalistas da coalición Bloque-PSG foron expulsados do Parlamento Galego por se negaren a xurar a Constitución Española. A representatividade popular que lles outorgaran os votos de milleiros de galegos e galegas foilles roubada por unha aplicación ideolóxica da lei ao servizo das forzas españolistas. Foi un caso único na historia da “democracia” española. O documental que recupera e trae á actualidade o acontecido nun momento no que segundo expresa o BNG na nota informativa, “volvemos vivir un claro proceso de criminalización das ideas e de involución nos dereitos democráticos. Os poderes do Estado e o españolismo político, mediático e económico, novamente, perseguen as ideas das e dos que defendemos liberdade, democracia e dereitos para os nosos pobos.”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off