off
Estado, Movementos sociais, Política — 23 Novembro, 2017 at 07:59

O Constitucional evita que os ultras de Blanquerna entren na prisión

por

O tribunal  acepta os recursos de amparo e suspende de xeito cautelar a entrda en prisión dos condenados polo asalto ao centro cultural o ano 2013 


Os ultras do Centre Cultural Blanquerna (centro cultural  que desde 1993  ten a misión de difundir a cultura catalá na capital do Estado) volven a canear prisión. O Tribunal Constitucional vén de suspender cautelarmente a entrada en prisión  dos condenados que o ano 2013 asaltaran a o centro cultural até que se resolvan os recursos de amparo que admitiran a trámite o pasado 17 de novembro. Desta maneira, seis dos 14 condenados, que tiña orde de entrada adiada varias veces desde final de setembro non terán que entrar agora en prisión. O alto tribunal evita entrar na cuestión de fondo dos recursos e xustifica a s´ua decisión na xurisprudencia actual en relación ás penas de prisión inferior a cindo anos.  Non é primeira vez que se adia o ingreso en prisión dos asaltantes de Blanquerna. A Audiencia de Madrid impuxo nun primeiro momento 6 meses de prisión a 12 dos autores, e 8 meses a dous.O fiscal, porén,e tamén os avogados da Generalitat recorreran o Supremo, que valorou o agravante de odio ou discriminación por motivos ideolóxicos e aumentou as condeas a 3 anos e once meses por doce, e a 4 anos e un mes aos outros dous.

Cinco militantes de Democracia Nacional e dous do desaparecido Nudo Patriota pediran indulto, mentras os cinco de Falanxe e os dous  de Alianza Nacional negáranse a facelo. O fixeran os 14  foi un recurso de amparo ao Tribunal Constitucional alegando que cando un tribunal superior multiplicaa pena por seis ou por oito aplicando un agravante que non se considerara na sentenza inicial, cómpre facer unha “vistilla” para que os avogados defensores poida oporse.Este recurso de amparo ainda non foi sentenzado.

Ainda que La Falange  informou a comezos de setembro que os seus militantes e os de  Alianza Nacional recebiran orde de entrada en prisión,  concedéraselles un adiamento que remataba o 10 de outubro. Porén, conseguiran un novo adiamento, primeiro até a cuarta-feira 1 de novembro e despois até o  14-15 de novembro.Tres deles, Manuel Andrino, xefe nacional de La Falange, Jesús Fernando Fernández, o que actuou coa face coberta, e Sergio R, participaran na manifestación ultra de Montjuïc (Barcelona) o  12 de outubro.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: