off
Galiza, Incendios, Meio ambiente — 23 Novembro, 2017 at 8:39 a.m.

Nova vaga de incendios en pleno novembro

by

Segundo vén de informar El Progreso unha nova vaga de incendios na Mariña, en pleno temporal, con pouca chuva e ventos de até 138 quilómetros por hora. En Cedeira  o vento acadou os 127 quilómetros hora.


Unha información que fornece El Progreso e da que a  Conselleria de Medio Rural non dá conta. Na Mariña e  A Montaña tiveron alerta marela e en Viveiro acadaronse refachos de  137,9 quilómetros por hora en Penedo do Galo. Un vento que espallou un incendio declarado en Noceda, Ribadeo, o mais grande dos focos con 25 hectáreas arrasadas de monte recentemente trasplantado de eucaliptos e que xa ardera hai cinco anos. O incendio comezou contra das catro da tarde do mércores e foi controlado sobre a  23.00 horas. Tamén houbo incendios rexistrados en Friol, Pantón e Xermade que xa están controlados. O incendio de Xermade queimou 9 hectáreas e o de Vilafíz, en Friol, 4 hectáreas

Segundo o MeteoGalicia para a fin de semana non se prevén chuvas ainda que na terza-feira voltarán, xunto a unha baixada de temperaturas, na metade norde do país. Para hoxe agárdanse ceos anubrados con chuvias que serán máis frecuentes no oeste e sur do país.Unha fronte moi activa afectará a Galicia o venres, deixando ceos moi anubrados ou cubertos, con chuvias de carácter persistente.

Para Lugo agárdase  nos vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais o sábado. Agárdanse precipitacións hoxe e o venres. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas en descenso notable.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off