off
Cedeira, Fin de semana, Teatro — 23 Novembro, 2017 at 07:20

A escola de teatro de Narón actuará o sábado 25 no auditorio de Cedeira

por

[Pingota Comunicación] A Asociación de Maiores de Cedeira organiza para o sábado 25 unha representación teatral. A función correrá a cargo da Escola de Teatro do Concello de Narón e a obra a representar leva por título “Será por camiños”.
O auditorio municipal acollerá a posta en escena dunha peza que levará ao espectador ata o século XIII para contar unha historia vencellada ao camiño de Santo André. Renata de Castro é unha das protagonistas, xunto con Gaspar, un xograr, que coma ela estaba a vivir no mosteiro do Couto e con quen decide fuxir para evitar un matrimonio de conveniencia. Trátase dunha obra escrita por José Prieto e Manuel Areoso. Os actores actuarán baixo a dirección de Celia González.
O Concello de Cedeira, a Deputación da Coruña e o Teatro da Vila colaboran na celebración dun acto que dará comezo ás seis e media da tarde.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: