off
Cedeira, Galiza — 21 Novembro, 2017 at 18:04

Feijoó promete, mas a reforma da estrada AC-566 Ferrol-Cedeira continua sen concretarse

por


Seica Núñez Feijoo lle espetou ao alcalde Moreda que a reforma da estrada AC-566,  “xa é unha prioridade para a Xunta cara ao 2018, no que ao proxecto técnico se refire”. Porén, ambos e dous saben  que esa prioridade é unha vella arela dos cedeirense, saben que en 2019 serán as eleicións locais, e tamén saben que esa suposta prioridade non se concretará mentres non se redacten os proxectos constructivos.Disque os técnicos da Xunta comezarán a traballar na elaboración dun anteproxecto no que estarán recollidas  dúas posibilidades:

a) intervención do 2,5 quilómetros das curvas de Landeira

b) creación dun terceiro carril de adiantamento en determinados puntos da estrada

Feijoó vén de repetir o que a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Esthel Vázquez, xa afirmara en xuño de 2017, a saber, que só elaboraría un proxecto de intervención da curvas de Landeira. Agora a novidade de Nadal  é que  se podería engadir dun carril de adiantamente nalgúns treitos. Porén, a falta de máis información, continua adoecendo de falta de definición mentras non saia publicado no DOGA o inicio do proceso de información pública  e de impacto ambiental.  O caso é que todos estes anos tampouco houbo investimento ningún  en obras de mellora da seguridade viaria desta estrada malia a súa perigosidade.

O presidente da Xunta e o alcalde de Cedeira deberian terlle un bocado de respeito á cidadanía xa que a reforma da estrada AC-566  é unha vella demanda que compromete á Xunta de Galicia no ámbito das dúas competencias directas na Rede Primária Básica de Estradas . O pobo de Cedeira leva leva confiando na palabra do presidente da Xunta e dos diferentes alcaldes hai ben de tempo. De feito,  nada se sabe da variante de cando gobernaba o compañeiro de partido de Moreda, Xosé Luis Vergara(PSOE), cun compromiso  adquirido xa durante o bipartito e que o alcade Luis Ramonde(PP) non asumiu como próprio malia contar cun goberno afín na Xunta de Galicia. Seica había un proxecto de mellora do viario presentado en marzo de 2008 polo bipartito e que contemplaba a mellora do mesmo, dividindo a obra en catro treitos. O estudo contemplaba tamén a creación da variante cedeirense coa vita posta  no Polígono da Trabe.

Eleicións por medio, debemos escoller entre as curvas de Landeira ou carriil de adiantamento nalgúns treitos ?Non sería máis acaído executar as dúas alternativas co obxectivo de aumentar a capacidade  e seguranza da estrada AC-566 ? Continuamos sen saber a que está supeditada a escolla de una ou outra alternativa. De acometerse calquera  das dúas , asegurarían que a reforma melloraría a fluidez da circulación e a seguridade?

 

Para saber máis


A Xunta non se compromete a reformar a AC-566

A cámara municipal de Cedeira móstrase disposta a colaborar coa Xunta para mellorar treitos urbanos da AC-566

O goberno municipal de Cedeira chama a todas as formacións políticas a reivindicar a mellora da estrada 566

A estrada Ferrol-Cedeira na gaveta. O Parque-Pista, no caixón

Tags

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: