off
Cedeira, Feminismo — 21 Novembro, 2017 at 13:12

Cedeira sigue sumando apoios contra a violencia machista

por

En Cedeira  a campaña “Espazo libre de violencia machista” aparece en fiestras e bares, establecementos e axentes sociais tinguen de negro os seus escaparates. Os traballadores da hostalaria vestirán a camisola


Os violencias machistas deberían ter consideración de vulneración dos dereitos humanos. O concello cedeirense sumouse á campaña que combate esta praga europea na que factores económicos e sociais explican que nos paises nórdicos se denuncien máis agresións que nas do sul. Un endurecemento da lexislación é discutibel se é necesario ou non, mas o que é evidente é que só servirá para que unha vez cometido o delito a pena sexa maior sen atallar por iso a raiz do problema. Un mal persoal irreversibel, un mal social intolerabel que xurde dunha organización social patriarcal baseada na explotación e dominación masculina, a supremacía do que é masculino sobre o que é feminino.

Alén de punir e castigar é preciso unha maior conscienciación na sociedade, nomeadamente entre os máis novos (o 55% das víctimas són mulleres menores de 35 anos).  Os expertos rexeitan a tese que os casos de violencia machistas se encadeen por efeito contaxio. Por iso é preciso denunciar e axudar a denunciar e protexer, mas sobretodo educar (pór nome á vítima é o primeiro paso para alonxarse da abstración do dato oficial). Malia a necesidade, a regulación legal non comporta mudanzas imediatas nos imaxinarios arraigados e pode provocar a falsa consciencia social de ter o problema controlado. A representacións e discursos arredor da violencia machistas introducen complexidade (falta de consciencia da situación de subordinación, tolerancia social cara actitudes machistas intolerables) mas é por esa mesma complexidade social que tenden a xustificar, relativizar actos e conductas  que alimentan unha perigosa  tolerancia social cara as agresións, daí o medo a denunciar. É preciso problematizar a teimosía deste andazo para evitar  a súa normalización e rematar cos silenzos cómplices que alimentan as impunidades cotiás.

A educación e o exemplo dado son as únicas receitas para rematarmos con este andazo. Os valores patriarcais e machistas que imperan ainda teñen que mudar na casa, na escola e nos medios.

Praza Roxa de Cedeira

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: