off
21-D 2017 Eleccións na Cataluña, Movementos sociais — 20 Novembro, 2017 at 7:56 a.m.

ERC gañaría as eleccións catalás e o independentismo conservaría a maioría absoluta, segundo “El Periódico”

by
Os republicanos gañarian 38 deputados, segundo a sondaxe do xornal. Junts per Catalunya, C’s e PSC empatariean a 25 escanos e a CUP  acadaría entre 7 e 8.


ERC gañará as eleccións o próximo 21-D, segundo unha enquisa que publicou este domingo EL Periódico. A formación que lidera Oriol Junqueras obtería entre 37 e 38 escons e consumaría, deste xeito e por primeira vez ao Parlamento, o sorpasso ao PDeCAT, que con a candidatura Junts per Catalunya recibirá entre 24 e 25 representantes e quedará como segunda forza empatado con Cs e o PSC, que repunta con forza. O partido de Inés Arrimadas alcanzará ao redor de 24 e 25 cadeiras, por ben que non chegaría a frenar a maioría absoluta independentista, que se conservaría pola mínima se sumaran os escanos da CUP, que o rotativo indica que o conseguirá entre 7 e 8. O PSC de Miquel Iceta subía notabelmente entre 24 e 25 parlamentarios mentres que o PP de Xavier García Albiol chegaría aos sete deputados e quedaría como derradeira forza. Pola súa banda, Catalunya En Comú mantense nunha forquilla de 9-10 deputados.

A enquisa foi realizada durante o mes de outubro logo da aplicación do 155 e da convocatoria de eleccións

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off