off
Galiza, Saúde, Traballo — 19 Novembro, 2017 at 9:11 a.m.

Manifestacion en defensa da Sanidade Pública Galega

by

Convocada por 20 entidades de toda Galiza, protestaron onte en Compostela contra “a destrución da sanidade pública galega” 


Ante a desfeita  que está a sofrer a sanidade pública, tanto polos gobernos central e autonómico, como pola patronal integrada en ASPE e as multinacionais que compoñen a Fundación IDIS, os colectivos Acampada Contra a Pobreza de Vigo, Alternativa dos Veciños, Asociación de Pacientes do C.H.U.S., ATTAC Coruña, o sindicato CGT de Galicia, o sindicato COBAS, a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública A Coruña, Corrente Vermella, a Fronte Cívica de A Coruña, GalizAmbulancia, Asociación Cultural Lar de Unta de Betanzos, as Marchas da Dignidade de Galicia, o sindicato PROSAGAL, PROSERSO, o sindicato Sagap, S.O.S. Meixoeiro e VAMOS! GALICIA  manifestáronse onte en Compostela.

Segundo comunicado dos convocantes a intención da Xunta de Galicia de reformar a Lei de Saúde desbaratando 4 áreas sanitarias, e convertendo a milleiros de cidadáns en “pacientes de segunda” dando entrada de xeito oficial ao sector privado no eido da investigación e da formación na saúde, reducindo a participación nos consellos de saúde de colectivos sociais, a aprobación do decreto de tempos máximos de espera que consolida e garante o traspaso de fondos da sanidade pública á privada, as medidas extremas en recorte de persoal e un aumento insostible da precariedade laboral, o peche sostido de camas e unidades enteiras, o abandono do plan de mellora da atención primaria, a privatización de servizos da sanidade que seguen a pasar a mans privadas… son elementos moi graves que merecen unha rotunda e clara resposta por parte da sociedade. A perda de poder adquisitivo dos profesionais sanitarios, a redución de libranzas, a alteración aleatoria e arbitraria do calendario vacacional, a paralización da carreira profesional, ou a falta de apoio e escoita activa por parte da administración, están a converter ao persoal sanitario en persoas desmotivadas.A privatización de servizos fundamentais, como a hostalería, limpeza, lavandería, mantemento, ambulancias ou probas como densitometrías, diálise ou rehabilitación, fan que o 25 % da Sanidade Pública estea xa en mans privadas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off