off
Cedeira, Feminismo, Galiza, Movementos sociais — 17 Novembro, 2017 at 8:11 a.m.

Cedeira súmase á campaña “en negro” contra a violencia patriarcal

by

[Pingota Comunicación] O reparto de cartazes polos establecementos da vila, a instalación dunha lazada negra no balcón do Concello e a edición dun vídeo que xa se pode ver na páxina web institucional (www.cedeira.gal) son algunhas das accións que o equipo de goberno está levando a cabo con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Tamén está prevista unha representación teatral. Será o día 25 e a actuación correrá a cargo da Escola de Teatro de Narón, que poñerá en escena a obra “Será por Camiños”.

A estas iniciativas cabe engadir a adhesión de Cedeira á campaña “En Negro” promovida polo Concello de Santiago e que onte reunía no Pazo de Raxoi a representantes de 78 administracións públicas de Galicia nun acto que contou coa presenza do alcalde, Pablo Moreda Gil. A idea consiste en trasladar ás rúas unha problemática que en cifras este ano xa deixa 44 mulleres e sete
menores asasinados.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off