off
Cedeira, Urbanismo — 17 Novembro, 2017 at 08:12

Cedeira aproba o convenio do Xeoparque

por

Tamén aprobou a reurbanizacion da rúa Convento por importe de case 70.000 euros


O goberno de Cedeira volveu sacar adiante por unanimidade os dous asuntos que figuraban na orden do día do pleno celebrado onte pola vía de urxencia e de carácter extraordinario. Así, a corporación municipal aprobou o convenio intermunicipal que dará lugar a unha inxección de medio millón de euros, por parte da Deputación da Coruña, para o desenvolvemento do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, unha iniciativa participada por seis concellos máis que representará a promoción dos recursos e produtos locais e unha oferta xeoturística como a que nos últimos anos está a facer de Cedeira unha referencia no mundo
da xeoloxía. O alcalde, Pablo Moreda Gil, e maila concelleira de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez, representarán os intereses de Cedeira no consello de dirección do convenio interadministrativo, un instrumento de cooperación, sen personalidade xurídica, que permitirá aos concellos agrupados dispoñer do apoio xurídico, económico e técnico da Deputación para regular e poñer en marcha o proxecto do Xeoparque.

Reurbanización da rúa Convento

A segunda cuestión aprobada polo pleno dará lugar á reurbanización da rúa Convento co compromiso do equipo de goberno de incluír no orzamento municipal os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal aos investimentos do Plan + Adicional 1/2017, aínda que o Concello xa ten os cartos para acometer a obra. A intervención supón unha inversión de 69.965,83 euros
e consistirá na substitución do actual pavimento a base de adoquín e formigón impreso por lousas de granito, a renovación do mobiliario urbano e a instalación dunha nova rede de recollida de pluviais e outra eléctrica para a substitución do alumeado público.
A escultura dos músicos se mantén e incorpórase ao novo deseño da rúa, á que se seguirá sen se poder acceder desde María Mediadora mediante a instalación de catro bolardos extraíbles.
En canto á renovación do mobiliario urbano, cabe sinalar que haberá catro novas luminarias led de 4,50 metros de altura; tres bancos -dous dobres e un triple- con respaldo de cor negra; tres xardineiras e dúas papeleiras. O prazo de execución das obras é de dous meses.
O goberno municipal xustifica este investimento en base ao resultado da consulta pública feita recentemente sobre mobilidade. Os veciños mostráronse especialmente partidarios dunha vila máis accesible e máis humanizada. O alcalde, Pablo Moreda Gil, entende que “é necesario corrixir a política que se estaba levando a cabo como resposta á demanda da cidadanía, que pide
accesibilidade para todos e maior presenza de árbores e xardineiras nas rúas”.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: