off
Galiza, Historia — 14 Novembro, 2017 at 7:56 a.m.

Xornadas Memoria e Democracia na Coruña

by

Os dias  16, 17 e 18 de novembro o Paraninfo da Universidade de  A Coruña acollerá unhas Xornadas sobre Memoria e Democracia organizadas pola Comisión de Recuperación da Memoria Histórica.Na quinta-feira intervirá  Máximo Castex, letrado en Bos Aires da Querela Arxentina. Pola tarde Emilio Grandío Seoane (USC) coordinará unha mesa redonda sobre represión económica coa partipación de Julio Prada (UdV), Estefanía Langarita, Universidade de Zaragoza, Manuel Álvaro Dueñas, Universidade Autónoma de Madrid,Santiago Vega Sombría, Universidade Complutense de Madrid.Tamén coordinada por Grandío ás 18:30 outra mesa redonda sobre Franquismo e depuración coa participación de Lourenzo Fernández Prieto (USC), Javier Rodrigo daUniversidade Autónoma de Barcelona, José Luis Ledesma, Universidade Complutense de Madrid e Aritz Ipiña da Universidade País Vasco.

A sexta feira abrirá ás 10:30h. cunha mesa redonda sobre Represión franquista na Coruña (historias e facianas dunha dictadura)  coordinada por Uxío-BreogánDieguez ( UDC) coa participación deCarlos Velasco Souto (UDC), Manuel Pérez Lorenzo (USC),  Eliseo Fernández, Investigador, Ana Romero Masiá, investigadora e docente. Ás 12:30 Xosé Lois Martínez, UDC) impartirá a palestra “O espolio do patrimonio da cidade”. Na tarde, contra das 16:00h, o xornalista Xosé Manuel Pereiro coordinadará unha mesa redonda Sobre o Pazo de Meirás, coa participación de Benito Portela, Alcalde de Sada, Concepción Burgo López, deputada do G.P. dos Socialistas e Vicesecretaria no Parlamento de Galicia,José Manuel Sande, concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento no Concello da Coruña, Mª Ángeles Antón Vilasánchez, voceiraG.P. dos Populares nas áreas do Xacobeo e Patrimonio Cultural,Xosé Luís Rivas “Mini”, deputado do G.P. do BNG no Parlamento de Galicia.

Ás 18.00 mais unha mesa redonda sobre Oficinas municipais de atención as vítimas franquismo, coordinada por Fernando
Souto Suárez, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, coa participación de Sara Hidalgo García de Orellán, Oficina de Atención a las Víctimas del Franquismo, Deputación Foral de Álava, Universidad País Vasco, Emilio Majuelo Gil, Oficina de Información
sobre Memoria Histórica da Represión Franquista, Concello de Pamplona, José García Añón, Rede de Oficinas de Atención de Víctimas do Delito (OAVD), Generalitat Valenciana.

No sábado, as xornadas terminan cunha  ruta pola memoria, con saída ás 11.00 h da Torre de Hércules e tres invervencións: ás 11.30 h Intervención no Campo da Rata; ás 12.10 h Intervención no Memorial Xermolos de Paz e Liberdade e ás  13.00 h Intervencións e actuación no Cárcere

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off