off

O 22 de decembro, o 155 seguirá estando alí ?

por Editorial

Erguémonos cos independentistas cataláns facendo autocrítica.  Mas son os únicos, ainda estando todos en campaña, en facer autocrítica. Do lado español, a novidade é que non hai novidade. “Faga un pouco de autocrítica” pedíalle Herrera (Cope) nunha non-entrevista de 49 minutos a Mariano Rajoy, 48 adicados a Cataluña. Faltoulle preguntar que máis quere o señor, como é que en alta velocidade ainda nos siga gañando China, “pero podemos ganara el mundial este año”. Non desesperen,  a pesar de insistir en que volven os rusos, non houbo ningunha pregunta sobre a Gürtel.

Na esfera pública española non hai prontuario lingüístico para explicarlle á cidadanía española a diferencia ou calquera outra tese disonante. Só preexiste a defensa da unidade de España e un desfasado conceito de soberanía que, entre outros aspectos, obvia que as CCAA son unha centralización finalista que non sigue o principio de subsariedade (que dí a administración local ten preferencia respeito a xeral sempre que poda xestionar ámbitos).  Todo se reduce á repetición do mantra demagóxico sobre a igualdade dos servizos públicos que é un xeito de evitar a discriminación e a falta de pluralismo na España. Para que mudar o relato se, ao cabo,os independentistas son parvos, foron enganados e o Govern fracasou porque non foi quen de tirar avante a independencia? Faga vostede un pouco de autocrítica… E velaí o  goberno español trunfante comandado polo grande estratega Rajoy que aplicou o 155 (como se aplicación dun artigo desta caste non fose en si mesmo un fracaso para calquer estado). Mas o PP sempre xoga coas expectativas:  primeiro avisa da chegada da fin do mundo e despois a audiencia abraiada porque o habelencioso estratega Rajoy convocara unhas eleicións logo de ameazar co mazo do artigo 155 (por certo, que ningún estado europeu ten aplicado). Porén, estas eleicións autonómicas non son un plebiscito de facto? Desde a perspectiva do estado español (partidos, estructuas e medios), a aplicación do 155 non é un fracaso?

A independencia de Cataluña só se pode facer da maneira unilateral e de xeito pacífico xa que non é viabel 2/3 das Cortes que queiran un referendo pactado de autodeterminación. Esa aposta faina o Govern  nos lindeiros dun estado de dereito que forma parte a UE, porén comproba que o novo escenario aberto descobre a predisposición do goberno español a intervir pola forza. Había predisposición psicolóxica para defrontar a ameaza de violencia? Perante a expectativa real de que o 155 se aplicaría e que o estado español estaba disposto ao uso da forza, Puigdemont escolleu a Declaración. Talvez o escenario máis dificil, mas fidel ao mandato democrático dunha maioría clara que por activa e por pasiva vén expresando que o actual marco español non lle sirve.

Aplícase o 155  porque o goberno español foi incapaz de xestionar por vias políticas ordinarias unha petición lexítima como é a independencia. É propio dunha democracia o uso do código penal que está facendo o estado español? Pódese culpabilizar á vítima de ter sido agredida? Todo indica que todo acabará no Tribunal Supremo, modificará o  relato da Audiencia Nacional?

Se atinxe só a esta lexislatura, o 155 decaerá na mesma noite eleitoral (cando se constitua o novo Parlament. Comeza unha nova lexislatura e extínguese un artigo que atinxía a lexislatura anterior. É un dato importante porque ao comezar unha nova lexislatura, de querer  aplicalo, terían que reiniciar todo o procedimento. O caso é que o 155 estará aí após o 21D. Por que? Porque poden facelo. Seica esquenceran que desde 2006 e nomeadamente coa Sentència de l’Estatut de Catalunya do 27 xuño de 2010, os diferentes gobernos españois veñen dinamitando o marco legal no que atinxe a Cataluña, facendo da excepcionalidade norma?

Rajoy afirma que “non acceptarei que a vontade dunha minoría se impoña a unha maioría”. Aceptará o “estado de dereito” español o resultado das eleicións do 21D se volve gañar o soberanismo? Secia a aplicación efectiva do 155  non é a aceptación tácita de que unha minoría se impoña ao ditado nas urnas o 27 de decembro de 2015?

No entanto, serviu o acontecidou para que o axentes implicados aprenderan? Estaba pronto o estado español para atender unha demanda democrática como a catala? O medo que se usme na sociedade española permítille debater e afrontar a serio esa demanda? En Madrid haber non se albisca autocrítica institucional nen mediática por ningures. Se o 155 non afecta ao dia a dia dos cidadáns de Cataluña, para que se aplicou? Para aplicar unhas eleicións que Puigdemont non convocou? Seica en  Cataluña non funcionan os servizos públicos con normalidade? Rajoy anunciou o inferno mentras o foi construindo: o 155 vense aplicando desde antes da semana do 27 de outubro, en setembro as contas están intervidas sen pasar polo Senado, desde o ano 2011 hai en marcha un proceso  recentralizador unilateral. De feito,  a idea de que o TC, máis garantista, obvia que en condicións normais a competencia é do Tribunal Superior de Catalunya. Normalización da excepcionalidade que ao toque de corneta executivo, xudicial e mediático compareceran ben arringleirados. Dicíao Rajoy na Cope, “eu xa fixen o meu traballo”. Sen sair da súa zona de conforto (ese espazo onde hoxe están instalados todos os partidos políticos, que presos da súa insuficiencia, chimpanlle mais unha vez os problemas sen resolver á xente). Por certo, Rajoy, que é o menos mau do PP,  espetoulle nun momento da entrevista a Carlos Herrera que pensa todo o contrario que Aznar.

Non vos queixar!

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: