off

A trola Forcadell

por Rafael Cid
"Unha solución diferente á independencia 
é posibel na Cataluña"
(Puigdemont no diario Le Soir)

Aos estertores do procés saíulle unha sequela de espías. Por se non fosen suficientes as noticias sobre a presunta intromisión rusa na campaña a favor do independentismo, con terminais no chavismo resucitado ou nas intrigas do prófugo Julián Assange, agora temos unha ración de posverdade que afecta o Tribunal Supremo que tomou declaración aos membros da mesa do Parlament. Ao parecer circula por internet un auto full onde se afirma que durante a súa comparecencia ante o xuíz instrutor Carme Forcadell renunciou á DUI e comprometeuse a non volver a “exaltar os desexos de independencia dunha minoría”.

De xeito evidente trátase dun curta e pega de ínfima prosa forense que foi puntual e rotundamente desmentido polos avogados que asistiron á encausada. Unha basta manobra de intoxicación seguramente aireada para facer recaer sobre Forcadell o sambenito de traidora á causa soberanista. Sen a máis mínima lóxica nin base xurídica. O artigo 14 da vixente Constitución establece que ninguén pode ser discriminado por razón de “nacemento, raza, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”. E no 20, apartado a), recoñécese e protexe o dereito a “expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións, mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución”.

Por tanto, malamente un maxistrado do alto tribunal, cuxa misión xurisdicional precisamente é cumprir e facer cumprir a Constitución, podería esixir semellante “confesión” sen incorrer  o pròprio nun flagrante e punibel desaforamento. Na España, mentres non se demostre o contrario, calquera persoa pode profesar a ideoloxía que queira, por moi antisistema que se proclame: comunista, anarquista, independentista, etc. Está en perfeito dereito. Outra cousa é se, con obxectivo de levar á práctica esa adscrición, vulnera a legalidade, comete un ilícito penal. Aí é onde aparece o longo brazo desa lei, que é cega mas non inerme.
E iso, aínda que pareza que o hiato entre a potencia e o acto, o pensado e o realizado, fai asténica unha democracia que para vivificarse precisa de algo máis que do simple contraste de pareceres. É o vello debate sobre os límites do modelo de capitalismo pluralista, que no seu día foi analizado polo filósofo Hebert Marcuse nun texto titulado “Tolerancia represiva”. Unha liña argumentativa balizada en datas recentes por Michel Foucault baixo o rótulo de “biopolítica”, termo con que o pensador francés define o corpus disciplinario utilizado polo poder para acoutar a disidencia fáctica, regulando moitas das actividades convencionais dos cidadáns.Unha categoría máis elaborada e rizomática desa “violencia estrutural” do marxismo que tamén operaba nas sociedades do socialismo estatal.

Mas  nada disto ten a ver coa “trola Forcadell”. Porque lonxe de fomentar unha insidia, o que fai a esa montaxe é propagar unha interpretación libre dunha postura que realmente ocurreu. Efectivamente, no auto da Causa Especial Número 20907/2017, de data 09/11/17, apartado “Décimo Quinto, páxina vinte e dúas, o maxistrado instrutor Pablo Llerena Conde afirma literalmente: “En todo caso, todos os querelados, non é que asumisen a intervención derivada da aplicación do artigo 155 da C.E, senón que manifestaron que, ou ben renuncian á actividade política futura ou, os que desexen seguir exercéndoa, farano renunciando a calquera actuación fose do marco constitucional”. O que é tanto como chamar alopecia á calvicie ou halitose ao mau alento.
Fica claro, por tanto, que a ex presidenta do Parlament e da ANC non abxurou das súas lexítimas conviccións independentistas e que, así mesmo, ninguén lle forzou a nada que se lle pareza. Da mesma forma que resulta evidente que ao “asumir a intervención derivada da aplicación do artigo 155 da C.E.” (iso implica concorrer por imperativo legal ás eleccións do 21-D impostas desde Madrid) e/ou renunciar “a calquera actuación fose do marco constitucional”, na práctica rexeitouse a DUI. E se aínda quedase algunha dúbida respeito diso, a continuación o mencionado auto clarexa: “non se escapa que as afirmacións de todos eles poidan ser mendaces, en todo caso, teñen de valoradas no que atinxen, sen prexuízo de poderense modificar as medidas cautelares de se evidenciar un retorno á actuación ilegal que se pescuda”. Estúpida trola que prefire a copia ao orixinal!

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: