off

Protesto en Barcelona pola liberdade dos presos

by

750.000 persoas mergullan Barcelona en apoio aos Jordis e o Govern ao chamado de “No esteu sols”.Unha manifestación de  3,3 km, 33 travesas do Eixample.

A caverna mediática minimiza sistemáticamente as demostracións populares do independentismo, porén millares de persoas responderan este sábado à convocatória da Asemblea Nacional Catalá e da Òmnium Cultural, e voltaran a pedir na rua a libertazón dos Jordis – os líderes das duas organizacións, Jordi Sànchez e Jordi Cuixart, detidos sob acusación de sedición polo seu papel na organización do referendo pola independencia de 1 de Outubro – e dos ex-conselleiros da Generalitat en prisión preventiva.

Mauri(Òmnium): “A nosa causa é a causa da democràcia”

“Non nos move o odio mas as arelas de liberdade. Nen o 155 nen a represión poderan connoscono se imos xuntos na defensa da democracia. O camiño é longo mas é irreversibel. Non descansaremos até telos na casa”

O 86% dos socios d’Asemblea Nacional Catalá apostan por unha lista única cos líderes políticos e a da sociedade civil encarcerados. A entidade traballará como nexo de unión das forzas soberanistas para facer unha candidatura unitária.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off