off
Europa, Feminismo — 10 Novembro, 2017 at 08:19

Me Too

por Redacción

Membros do Parlamento Europeu protestan contra o asédio sexual a través da campanha #MeToo. Mulleres de todo o parlamento afirmaran que as actitudes e as leis teñen que mudar em todo o continente para combater un “problema xeneralizado” e precisanse medidas lexislativas para combater este problema. Porén, a foto amosa o isolamento e falta de compromiso dos parlamentarios “complacentes” sobre o problema, que contrasta coa determinación das deputadas que impularan o necesario debate. As autoridades parlamentares foran criticadas por non ter feito o suficiente, depois que o web do Parlamento Europeo apañou alegacións anónimas de mais de 30 casos de asedio, agresión e até mesmo estupro após o apelo á evidencia durante a semana pasada.

Sintomático e preocupante desinterese das institucións europeas en canto aos abusos sexuais que sofren as súas traballadoras e, alén do Parlamento Europeo, mulleres de toda condición, xeración, cultura e clase social por todo mundo.

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: