off
Galiza, Incendios — 10 Novembro, 2017 at 09:46

Imputado o director xeral de loita contra incendios por contratacións irregulares

por Redacción

Está a ser investigado por presuntas irregularidades na contratación de helicópteros para extinguir lumes en 2012.


O sindicato CIG presentou en 2012 perante o xulgado de Santiago unha denuncia sobre a actuación da Consellería do Medio Rural e do Mar en canto ao servizo de extinción de incendios con helicópteros da empresa Inaer, responsábel da gran maioría das aeronaves de salvamento, gardacostas ou emerxencias da Xunta. O Consello de Contas tamén detectou diversas irregularidades nos contratos de helicópteros.

Tomás Fernández-Couto, que leva 17 anos á fronte da dirección xeral de Ordenación Forestal, está investigado no marco dunha instrución iniciada en 2012 por presunta prevaricación na contratación da empresa Inaer, hoxe absorvida en Babcock. O director xeral xa fora alvo das críticas pola súa xestión da vaga de incendios que arrasara perto de 50.000 hectáreas a mediados do pasado mes de outubro.

En Marea, PSdeG e  BNG uniranse para pedir a comparecencia urxente da conselleira de Medio Rural para que explique se ten pevisto adoptar medidas após a imputación de Fernández Couto.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: