off
Cedeira — 9 Novembro, 2017 at 08:16

Cedeira recupera as visitas guiadas ao Castelo da Concepción

por Redacción

[Pingota Comunicación] Coa fin de manter a oferta turística tamén durante o outono, o Concello de Cedeira recupera as visitas guiadas polo interior do castelo da Concepción. A fortaleza abre as súas portas ao público durante as fins de semana. A participación é de balde. O horario é ininterrompido, de 12.00 a 17.00 horas, tanto os sábados como os domingos. Fora do mesmo, o Concello tamén ofrece a posibilidade de coñecer a súa historia a persoas que veñan en grupo. Nese caso é necesario concertar a cita mediante unha chamada telefónica á oficina de Turismo (981 482 187). O castelo da Concepción é un fortín que, situado na parte alta do porto pesqueiro, ofrece unha fermosa vista tanto da vila como do mar que se abre aos seus pes. A fortaleza está a defender Cedeira desde o século XVIII.

Foi construído no ano 1747 na punta Sarridal para a defensa de Cedeira, despois do ataque de navíos ingleses a esta vila para destruír buques españois que se dirixían ao arsenal de Ferrol. Ten muros en disposición poligonal con troneiras para o disparos de canóns. Está adaptado ao terreo en varias explanadas cunha gran vista panorámica da entrada da ría de Cedeira e das praias da Magdalena e de Pantín . Chegou a contar cunha guarnición duns 30 soldados e dispor de ata 15 canóns, algúns dos cales aínda se conservan na fortaleza. Perdeu o seu valor estratéxico no século XIX e pasou a titularidade municipal na década dos 70.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: