off

A presidenta do parlamento catalá pasa a noite en Alcalá Meco

by

En pleno exercizo das súas funcións como Presidenta do Parlament de Catalunya pasou a noite na prisión de Alcalá Meco por ter defendido as súas ideas independentistas de maneira pacífica, de onde sairá se paga unha fianza de 150.000 € que lle impón o xuiz.


Carme Forcadell dormiu na prisión madrileña de Alcalá Meco, onde tamén ficaron Dolors Bassa e Meritxell Borràs. Corominas, Guinó, Simó e Barrufet teñen unha semana para pagar una fianza de 25.000 e evitar a prisón. O actual Secretario Terceiro doParlament Joan Josep Nuet – membro da coordinadora de Catalunya en Comú, non é independentista- quedou en liberdade provisional e sen medidas cautelares. O que pón en  evidencia a criminalización das ideas no seo do aparato xudicial e político español. Porque foi a presidenta do parlamento, un símbolo do soberanismo quen ficou encarcerada, ainda que sexa por unha noite, en Alcalá Meco. Porén dada a complexidade do momento cómpre sinalar que, segundo manifestou Nuet ao RAC1 e TV3, o xuiz do Supremo encetou a sesión avisando que isto [o Supremo] non é a Audiencia Nacional, e o que alí aconteceu non tén porque  aconcecer  aquí [na Audiencia].

O xuiz do Supremo desmárcase así do buldozer Maza, fiscal xeral do Estado que pedía prisión incondicional para a presidenta do Parlament e os outros tres membros da Mesa da Cámara.Lamela rexeitou os recursos dos consellers e mantenos en prisión provisional.

Pola noite, a decisión do Supremo deitou reaccións políticas na rúa. En Sabadell, cidade onde mora a Forcadell, por volta de 500 persoas concentráranse diante do concello, con cazarolas e lazos amarelos.

 

En causa a legalidade da actuación da policia o 1-O na Cataluña

Cinco querelas interpostas porIrídia(Centre per la defensa dels Drets Humans), reclama que se citen como testemuña o coronel da Guarda Civil que dirixiu o operativo, Diego Pérez de los Cobos

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off