off
Movementos sociais, Política, Traballo — 8 Novembro, 2017 at 8:15 a.m.

Xornada de greve xeral na Cataluña para reclamar a liberdade dos consellers e dos ‘Jordis’

by

É a segunda greve xeral na Cataluña nun mes. A sala social do TSJC desestimou suspender a greve xa que considera que a patronal non achegou probas que xustifiquen coartar un dereito fundamental como é a greve. É a decisión do tribunal que descartou aplicar a medida cautelar que pedia Fomento do Traballo. A Intersindical-CSC celebrou a decisión do TSJC  e chamou a mobilización na #VagaGeneral8N. O sindicato maioritario de educación USTEC e  sindicatos estudiantís apoian o a folga  xeral.  A convocatòria da Intersindical CSC non acadou o apoio de CCOO  e UGT. As patronais Pimec e a Cecot optaran por desvincularse do paro. Porén, os dous sindicados maioritarios optaran en aderirse ás mobilizacións na rúa. Tamén a CGT optou por dar liberade aos afiliados, mentres a  Intersindical Alternativa e Ustec sumáronse.

Cortes de tránsito en todas as vías principais catalás con alteracións na AP-7 e os servizos de  cercanías.Os cortes de tránsito dificultan a circulación ainda que Mercabarna opera con normalidade segundo informa o ARA.Manifestantes cortan as vias do camiño de ferro do TAV na estación de Girona.Segundo informa o Diari de Girona, os pasos fronteirizos de ColColl d’Ares (Molló)e  de Puigcerdà  están cortados. Contra das 10 da mañá unhas sesenta estradas cortadas con servizos mínimos no transporte público e algunhas liñas de cercanías e Ferrocarrils de la Generalitat.

Ás 12 nas delegacións territoriais da Generalitat e ás 18 h.  nos concellos, os cidadás están convocados a senllas concentracións de protesto contra o encarceramento de políticos e a aplicación do artigo 155.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off