off
Agro, Galiza, Incendios, Meio ambiente — 8 Novembro, 2017 at 8:26 a.m.

Feijoó teimou no “terrorismo incendiario” como coartada para non asumir responsabilidade ningunha

by

Feijoó compareceu no Parlamento para anunciar medidas a raíz dos incendios que arrasaran máis de 49.000 hectáreas, entre outras, recuperar algunhas das que o seu propio goberno deturpou, como a franxa de seguranza para núcleos habitados. Feijóo insistiu en falar de “terroristas”. A máis do furacán Ophelia, as altas temperaturas , os lumes que viñan de Portugal, pasando polos incendiarios – tipificados como”terroristas incendiarios”- ou que  os concellos que non tiñan brigadas ou o estado da floresta. Responsabilidades todas elas a repartir entre todos, menos o goberno que el preside.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off