off
Estado, Europa, Movementos sociais, Política — 7 Novembro, 2017 at 08:05

“Franquismo despois de Franco”, conferencia organizada polo BNG en Bruxelas

por Redacción

O acto terá lugar o 20 de novembro na Eurocámara, e foi presentado pola portavoz do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda, e polo eurodeputado da coalición Os Pobos Deciden, Josú Juaristi.


En parcería con EH Bildu, o BNG apresentou esta segunda feira na Coruña o programa da conferencia “Franquismo despois de Franco” que organizan estas forzas políticas autodeterministas en Bruxelas o próximo 20 de novembro, 42 aniversario do falecimento do ditador.

Académicos e especialistas en historia e ciencias políticas, representantes de colectivos que traballan na restitución da memoria histórica, incluída a Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás,  participarán nesta xornada organizada polo BNG e EH Bildu para este 20-N en Bruxelas. No evento tamén participarán dirixenets de ERC, Compromís e dos grupos parlamentares Os Verdes/ALE e GUE/NGLE.

Ana Miranda, eurodeputada do BNG, anunciou que o Bloque vai presentar unha denuncia ante a Comisión de Peticións da Eurocámara contra a Fundación Franco, que se suma á interpelación por escrito presentada xa ante a Comisión Europea. “Resulta chocante na UE que exista unha entidade á que se lle permite facer apoloxía da ditadura e mesmo reciba subvención públicas, como os 50.000 euros outorgados polo Goberno de Feijóo para xestionar as visitas ao Pazo de Meirás”, indicou a portavoz en Bruxelas.

O eurodeputado Jon Juaristi salientou que a involución democrática do Estado español “está suscitando preocupación e expectación e cada vez son máis os eurodeputad@s que nos preguntan como pode suceder isto. Por iso queremos que a UE se implique e dea pasos para que se acabe coa impunidade e traballar pola memoria e pola dignidade das vítimas”.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: