off
Cedeira, Ecoloxía, Natureza — 7 Novembro, 2017 at 07:39

Campaña de erradicación do plumeiro ou herba da Pampa

por Redacción

[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira está a levar a cabo unha campaña  sensibilización de erradicación da Cortaderia Selloana, máis coñecida como plumeiro ou herba da Pampa. Trátase dunha especie exótica invasora que chegou a Galicia a mediados dos anos setenta da man de Audasa que a plantou nas medianas da Autopista do Atlántico. Desde entón vén multiplicándose de maneira exponencial e vertixinosamente nas cunetas das estradas e terreos baldíos, nos que pode alcanzar unha altura de tres metros. A iniciativa do Concello de Cedeira pasa por actuar naquelas zonas máis sensibles para contribuír a sensibilizar á cidadanía sobre a conveniencia de non favorecer a súa expansión.

Campaña  en marcha

Os traballos, que corren a cargo de operarios municipais, estanse a levar a cabo na rúa Mariñeiro e no parque do Romeiro. Desde a área de Medio Ambiente, recoñécese que se trata dunha planta non moi doada de combater. Só se consegue con herbicidas, como o glifosato, ou arrincando até a última das súas raíces con maquinaria axeitada. Nunca se lle debe plantar lume. No estado español está prohibida a súa venda, agás en Canarias. A herba da Pampa despraza ás especies autóctonas e onde medra non hai nin zarzas.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Para saber máis:

Plumeiro ou Herba da Pampa.Cortaderia selloana. Atlas de Flora exótica Invasora de  Galicia /Sociedade Galega de Historia Natural

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: