off
Mar e Pesca, Meio ambiente, Natureza — 6 Novembro, 2017 at 1:26 p.m.

‘Mareas Vermellas’ e ‘SyngDOC’ premiados no festival de cinema submariño CIMASUB

by

Os documentarios audiovisuais “SyngDOC”  e “Mareas Vermellas” ,  gañaron a Barandilla de Prata e a Barandilla de Bronce, respectivamente, no certame de cine submarino CIMASUB do Festival de  Donostia.

“SyngDoc: O mundo secreto dos Signátidos” afonda no mundo dos cabaliños de mar, dentro do proxecto Coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) de Vigo. A estrea está prevista para finais deste mes en Vigo.

 ‘Mareas Vermellas’ está dirixido por  Manuel García Blanco (IIM-CSIC) e por Jorge Hernández Urcera (IEO), e recibira previa mención honorífica no Premio Prismas 2017 na categoría de audiovisuais sobre ciencia. Producido por Bioimaxe, mostra o vincallo entre as condicións oceanográficas e a dinámica fitoplanctónica responsabel da presenza de biotoxinas nas rías, así como o papel da comunidade científica na investigación de sistemas fiables e  métodos de análises pormenorizadas que consigan a detección temperá destes episodios tóxicos.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off