off

A actuación da xustiza belga confirma que Puigdemont e os cinco consellers son presos políticos

by

A unidade de medida dos erros tácticos do soberanismo vén sendo fixada pola reacción desmesudada e tinguida de resentimento e venganza do goberno e xustiza españois. Porén, malia persistir eses erros de cálculo – talvez o principal o da hexemonía- o Procés procurou unha negociación que se tornou imposibel. As malleiras do 1-O  non cadran co relato terxiversado de suposta “rebelión”, nomeadamente cando agora campean con total impunidade grupos violentos de ultradereita. Con certeza, na DUI houbo unha “descarga emocional” mas tamén deuse cumprimento ao mandato popular saído das urnas, coa forza da lexitimidade que procede de abaixo.

Aparentemente, Carles Puigdemont, o presidente investido polo Parlament e suspenso polo presidente do goberno español, decidiu deixar a Cataluña e mudarse a Bélxica para ter  información confiábel de que o Fiscal-Xeral do Estado xa tiña redixido a querela contre ele e decidira rexistrala na Audiencia Nacional.

Coma nós, Puigdemont sabia que na semana anterior o xuiz de instrución da Audiencia Naciona ordenara a admisión en prisión dos presidentes da ANC e do Òmnium Cultural despois de admitir a acusación da fiscalía contra eles por un crime de sedición, para o cal a Audiencia Nacional non tén xurisdición.

Seus conselleiros xurídicos certamente foran informados de que a querela por rebelión que inscribiu na Audiencia Nacional o fiscal xeral, apesar da interlocutoria firme en decembro de 2008 do plenário dos maxistrados, que dicía que o crime de rebeldia  nunca foi da competencia da Audiencia Nacional, seria admitido a trámite; e, embora ele ainda non soubse que a xuiza Carmen Lamela acabaria por ser a que acabou asumindo a competencia, poderia suspeitar que iso acabaria sendo así e, consecuentemente,  poderia ficar claro que ía acabar na prisión.

O president sabia que haberia unha concatenación das accións do presidente do goberno español que o suspendeu e o privou de sua capacidade, coa do fiscal xeral do Estado, que imediatamente rexistraria a querela por rebelión na Audiencia Nacional e que a xuiza Lamela, a unha velocidade incomum, admitiria o procedimento e adotaria a medida cautelar máis gravosa malia a feble fundamentación xurídica das súas decisións. Puigdemont sabia, consecuentemente, que con esta xustiza variabel non enfrentaria un proceso ordinário de administración da xustiza, mas algo diferente que cómpre ao cidadán debullar e interpretar.

Alguén pode surpreenderse que, en resposta á acción coordenada do presidente do goberno español, do fiscal xeral do Estado e da xuiza da Audiencia Nacional, Puigdemont reaxira así? Non foi casual que escollera Bélxica, aquela Flandes na que os españois entraran hai mais trescentos anos a sangue e fogo.Un marco acaido para mostrarlle a Europa a falta de condicións que garantan un xuizo xusto no estado español. En Europa empezan a escoitarse voces críticas que denuncian a represión dos representantes lexítimos dos cataláns.

No pasado mais recente, na España, os tribunais seguiran a prática de non activar casos xudiciais nos procesos eleitorais. Mas o fiscal xeral do Estado nomeado e mantido por Rajoy despois de ter sido reprobado polo Congreso dos Deputados, deitan un manto de desconfianza na palabra de Rajoy.  Á vista do acontecido Puigdemont fuxiu dunha manobra sabendo que na Belxica non podería escapara da acción da xustiza mas espera, con fundamento, que poida se defender en circunstancias que na España non tería. Por outras palabras, podería ter impugnado a xurisdición da Audiencia Nacional perante a mesma Audiencia Nacional, que é o órgao onde tería que facelo e ser escoitado con razoabel confianza? A Audiencia Nacional deixou se der un xuiz ordinario prescrito por lei para se convertir nun beco sen saída por varios anos até ter rematado o proceso na Audiencia Nacional e poder recorrer ao Tribunal Supremo. No auto de prisión o que se enfatiza é o proceso soberanista (como se fose unha banda armada), o que non xustificaría unha prisión provisional. Manifestarse e reunirse poden acabar sendo tinguidos de ilicitude. E iso é o que implicitamente traslada o auto da xuiza Lamela.

Porén, na Bélxica é posibel facelo. Transformada nun “xuiz especial” a Audiencia Nacional acabou sendo algo contrario ao estado de dereito entrando así no eido da anti-legalidade. O avogado de Puigdemont poderá ser escoitado na Bélxica, non así na España que  para enfrentar o soberanismo catalán o goberno de Rajoy e a fiscalía xeral entreteceran un dispositivo de punición política através da Audiencia Nacional.

A actuación da xustiza belga confirma que Puigdemont e os cinco consellers son presos políticos e permite visbilizarmos sen tañeiras que tras a proclamación da República Catalá, na penumbra ianse desenvolvendo outros acontecimentos non menos sobranceiros: as conclusións da acusación no caso Gürtel e a detención do Comisario Villarejo, que expoñen unha vez máis a corrupción e sumidoiros sistémicos do réxime. Mas tamén as esixencias da Comisión Europea por un orzamento para 2018 que cumpra cos seus requisitos de adaptación; os problemas de financiamento autonómico que revelan, entre outros debates orzamentarios en Madrid e Valencia, a bancarrota que quería deter a Conferencia de Presidentes de xaneiro de 2017 e que terminou uns meses despois no “cupón” dos orzamentos xerais de Montoro.

Como pode haber políticos detidos e perseguidos por un debate ideolóxico? Como pode ser que foran alxemados pola esquena? Como un demócrata pode enxergar agora as consecuencias do autoritarismo substanciado en legalismo ideolóxico? Tal e como agora está a politica non é un aviso a navegantes, un xeito de amedoñar calquera disidencia secesionista? Como se entende que todo continue igual cos criminosos declarados na rúa? O que hoxe se persigue na Cataluña xa está a ser visibel en Galicia e outras zonas do estado en forma de medo e naturalización de medidas que atentan contras as liberdades fundamentais. Solidarizarse con Cataluña é defender as libertades democráticas aquí e agora para evitar o seu devalo.

 

One Comment

Deixa unha resposta a XoséCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off