off
Estado, Movementos sociais, Opinión, Política — 4 Novembro, 2017 at 16:30

A querela catalá

por Rafael Cid

No ámbito xurídico chámase «querela catalá» ás
accións encamiñadas a  impedir un proceso
(Do dicionario)

Se houbese que resumir nunha  frase o que supón a querela catalá, podería dicirse que se trata do conflito, pugna, loita ou debate, entre dúas formas distintas e distantes de empoderar o termo “independencia” como categoría democrática. Por unha banda estaría a que protagoniza o Parlament de Catalunya coa súa declaración unilateral en forma de república. E por outra a do Poder Xudicial do Estado que anulou aquela en razón do seu superior imperio. A independencia que declama o lexislativo catalán ten a súa orixe nun mandato popular expresado nas urnas. O referendo do pasado 1 de outubro. Outra cousa é que que poida ser cuestionada na totalidade a súa lexitimidade, en base a que non foi referendado por unha maioría cualificada. Prevención que reguladora que rexe no marco político de referencia cando o resultado da “vontade xeral” connota un cambio estrutural que afecta a moitos máis cidadáns dos que senten concernidos pola consulta. Aínda que se ampliamos o foco máis aló do ámbito nacional, mas no mesmo plano de homologación democrática, fitamos que esa medida devala segundo e como. O Brexit, un exemplo recente, foi activado malia ser aprobado cunha escasa diferenza de votos: 51,9% a favor fronte a 48,1% en contra.

Porén, o quero referir non é ao tema cuantitativo, de pesas e medidas, senón ao do asunto independentista como base lexitimadora para unha acción política transformadora, tema de controle e contrapesos (checks and balances). Vexamos a súa folla de ruta, a súa procés. O pobo de Catalunya, en cumprimento do seu autolexislación, concorreu a unhas eleccións autonómicas no ano 2915 que deron a vitoria a uns partidos, CiU e ERC, que despregaran un programa de contido independentista. E esa coalición, JxSí, sen maioría parlamentaria para aplicalo in nuce, acadou o seu propósito ao obter o apoio da CUP en troca de concesións de fasquía política, económica e social. Deste xeito, o chamado bloco soberanista desenvolveu o seu proxecto, elaborando as leis necesarias para aplicar a ofertada independencia.
Nese tránsito é onde se produce o rumbo que agora se trata de cegar desde o goberno central e as institucións que tutelan a Constitución Española. Hai pois, no caso catalán, unha lexitimidade de orixe porque ninguén no aparello do Estado impediu no seu día que os partidos ruturistas abordasen programas independentistas neses comicios. Quizais porque a norma consuetudinaria estima que as promesas das campañas electorais cando se chega ao poder o vento as leve. Pero tamén hai á vez unha ilexitimidade de exercicio ao vulnerar a norma superior á que se disciplina o Estatut para o seu exercicio operativo nesa comunidade. Unha autonomía limitada e vixiada, ao fin de contas, que non permite un proceso constituínte porque xa se dá por constituída, facendo inviabel e punibel calquera exercizo de desmantelamento de-constituínte malia estar fortemente referendado..
O curioso do caso é que o mecanismo que entra en acción nada máis producirse ese intento fáctico de desconexión de Catalunya con España tamén apela como máxima autoridade ao seu carácter de independente. O Poder Xudicial, como factótum desa separación de poderes que informa os Estados constitucionais, basea a súa lexitimidade de exercizo (precisamente onde falla o seu adversario a bater) na súa presunta e cacarexada independencia. Quer dicer, na súa condición de axente realmente autónomo e, de facto, soberano. Soberanismo e independencia, e por tanto decisionismo, son os atributos que validan a súa actuación no caso da querela catalá. Iso concretado na detención e envío a prisión sen paliativos dos membros do Govern nado das urnas de 2015 que levaron á práctica os seus enunciados electorais. Non é o choque de comboios metaforicamente formulado para consumo da colonizada opinión pública pola opinión publicada. Mas a imaxe contraposta dun corredor que segue as normas de tráfico e un kamikaze que discorre en sentido contrario pola direción compartida.

Mas  é realmente como parece? Unha indagación ás fontes dimanantes dese Poder Xudicial independente, sobre o esquema aceptado dun auténtico “separatismo-divisionista” de poderes, demostra que non é ouro todo o que reloce nin trigo todo o que se coce . E que as contradicións que arrastra a desconexión á catalá tamén aniñan no seu vitimario, evidenciando á súa vez a “unilateralidade” das súas posicións e actitudes. Porque ese Poder Xudicial (Tribunal Supremo e Audiencia Nacional entre outros) que ten en “si” e “para si” a capacidade represiva (o lexítimo usa da forza, que dicía Weber) é en realidade un poder vicario e dependente, mesmo abducido. E iso desde o momento en que a súa composición e rango xerárquico traen causa, nun réxime de cotas e como elos de transmisión, dos partidos hexemónicos no Estado a través do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), o organismo que elixe á nomenklatura xudicial. Fenómeno que explica de esguello o criterio sancionador con que actuou o Tribunal Constitucional (TC) á hora de “xulgar” o Estatut convalidado polas Cortes, o Parlament e todos os cataláns sen menosprezo polo quórum de adherentes.
En resumidas contas. Estamos ante legalidades e lexitimidades cruzadas, onde categorías como “independencia” e “autonomía” úsanse a discreción dun decisionismo sen máis orde nen concerto que o da propia dinámica que pule a ambos os dous procesos. Un o catalán, mediante un reclamo ao “dereito a decidir” que oustenta un ascendente horizontal e plebiscitario, e outro, de superior impacto, cuxa exese do dereito a decidir remóntase a un principio fundante de carácter vertical, vitalicio e predeterminado. Porque na base desa dicotomía está o feito de que, mentres son unha maioría os cataláns quen referendaron o Estatut no 2007 e votaron nas autonómicas do 2015, só unha minoría deles votou a Constitución de 1978 que os submete. Aqueles que entón tiñan 18 anos cumpridos e hoxe coroan os 57. En concreto: non máis de 2.012.781 persoas dun total de 7.477.371 segundo censo 2017 de Catalunya, desagregado por idades, feito público polo Instituto Nacional de Estatística.

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: