off
Agro, Galiza — 4 Novembro, 2017 at 4:01 p.m.

49.171 hectáreas de superficie queimada durante a vaga de lumes

by

O dato constata o fracaso do obxectivo do Pladiga xa que no que vai de ano arderan máis de 61.000 hectáreas, perdas na gandeiria, intanxibel impacto ambiental e catro vítimas mortais.


A Conselleria de Medio Medio Rural recolle unha afectación de 49.171 hectáreas durante a vaga de lumes de outubro. A superficie de monte arborado acada 26.098 mentres que 23.073 son de monte raso. Por territorio, a máis afectada foi Ourense con 22.623 ha, seguida de Pontevedra con 20.085, Lugo con 5.734 e A Coruña con 728 hectáreas.

Segundo a mesma fonte, as últimas medicións indican que a superficie danada nesa vaga de lumes de outubro foi de 49.171,59 hectáreas que rexistran distinta gradación nos danos. Desta superficie, o 53,08% foi de monte arborado (26.098,13 hectáreas) mentres que a rasa representa o 46,92% (23.073,46 hectáreas). Se analizamos a área danada nesa fin de semana por provincias, Ourense foi a máis afectada con 22.623,23 hectáreas, seguida de Pontevedra con 20.085,86 ha, Lugo con 5.734,45 ha e, finalmente, A Coruña con 728,05 hectáreas.

Rede Natura

A Rede Natura é o 23,14% do total ardido na fin de semana de maior incidencia. Un  total de 11.376,69 hectáreas, sendo Ourense (con 6.769,39 ha) e Lugo (con 4.523 ha) as que rexistraron unha maior afectación.

Fracaso do Pladiga

Os obxectivos de disuasión e investigación do Plan de detección, teñen sido un completo e total fracaso da función organizativa do dispositivo: non se reduciu o número incendios orixinados por causa descoñecida ou sen especificar,por neglixencias ou motivados por comportamentos intencionados de tipo delituoso; nen aqueles outros  incendios en Zonas de Especial Vixilancia nen  houbo  mellora na coordinación con outros departamentos da Administración en relación coas limitacións e seguimento en zonas queimadas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off