off

Atizando o enfrontamento

por Editorial

A convocatoria de eleicións o 21D na Cataluña – cos partidos enguedellados nas listaxes eleitorais e os programas- parecía inserir unha certa distensión logo da aplicación excepcional do 155  como xeito de contentar a Tusk e a UE,   acabou sendo  unha miraxe.

O encarceramento de nove consellers do goberno catalá aparece con toda a violencia da prisión provisional. O estado de dereito en esplendor. O Tribunal Supremo fixo a mellor enmenda a totalidade do auto de Lamela (a xuiza condecorada desde 2016 coa Cruz de Prata da Orden do Mérito da Guarda Civil xusto despois de ter decidio ser competente para pescudar a pelexa de varios mozos de Altasu con garda cívis como delito de terrorismo). A aplicación da lei ten marxe de discreción, persoas encausadas por causas semellantes uns van para casa e outros para o cárcere. Por iso é inaceptabel a interpretación unívoca e instrumental tanto da Constitución como do código penal. Cando falamos de independencia da xustiza referimos a dos xuices, porque o fiscal xeral do Estado foi nomeado por quen foi nomeado e reprobado polo Parlamento. Unha febleza que tenta reverter cunha sobreactuación penal que se suma á discrecionalidade do xuiz de instrución.

Porque do que se trata é de punir e humillar e non de administrar xustiza. Punición e escarmento como forma de axir dun Estado que non se sabe ben cara onde é que camiña. Que quer o Rajoy, que non se vote? Ainda non aprendeu que os cataláns nunca aceptarán a forza e o estado de asedio e terra queimada?  É España un estado de dereito normal? En principio non é un estado reformabel, onde non se poden defender democráticamente o lexítimo ideario da autodeterminación dunha comunidade humana conscente que quere decidir por si mesma. O pacífico proceso democrático cara o referendo de autodeterminación visibilizou os límites e carencias democráticas do estado español. Nun dia coma onte o Jemad, xefe do estado maior do exército, escribía nun xornal como o ABC,  un artigo no que afirmaba cousas como que “a historia demostra” que o exército sabe “defender la Nación”. Hoxe presentouse unha petición de ilegalización da CUP.

Faltan 50 dias para o 21-D e está por ver se haberá ou non  elementos de distensión. O soberanismo vén de sofrer moitas baixas. Do que se trata agora é como resistirá a sociedade catalá que a súa administración fique en mans de quen quere intervir a escola catalá e os medios públicos de información, de quen non ten mais atributo que o monopolio da represión. Ao soberanismo réstalle continuar internacionalizando o conflicto e recuperar a lexitimidade das urnas. E non é pouco.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: