off

Xustiza variabel

por Editorial

Afirmabase aquí hai uns dias que a Generalitat ten dereito preservarse fronte a ofensiva do Estado do mesmo xeito que este goza,  segundo Rajoy, do dereito a se defender. Porén, para alén das obviedades, compre debullar un aspecto que calquera cidadá percibe con clareza ao comparalo coa experiencia que cada un de nós temos da impartición de xustiza no estado español. Sabido é que un dos alicerces  que precisa a xustiza para selo é  ser exemplarizante, efectiva, independente, de balde e con recursos suficientes, próxima e impartida na lingua dos cidadáns.

Acontece que a xudicialización do Procés catalá está a deitar unha celeridade inusual  que nada ten a ver coa experiencia que ten o cidadán de a pé da vida xudicial. Deixando agora de banda a separación de poderes e  a independencia xudicial, percebimos que as decisións xudiciais batian con contudente celeridade contra os dous titeriteiros (encarcerados  cinco dias), os dous Jordis e agora tamén contra a totalidade do Goberno catalá e o Parlament de Catalunya. De comparalas coa vida xudicial diaria as decisions da fiscalia e dos tribunais (desde o Constitucional ao xulgados de instrucións, do Supremo á Audiencia Nacional ) poderíase afirmar que firen a atenta contra o sentido de xustiza percebido. Porque a presteza agora visibel ofenden a probidade e a xustiza social, que é aquela en virtude da cal se respeitan os direitos, quer naturais, quer positivos, que unha sociedade ben organizada debe recoñecer aos seus membros. Porén, en España o Estado vai primeiro. Claro que a xustiza precisa rapidez, mas o que estamos a pór de relevo é que no estado español coexisten varias xustizas con celeridade diversa segundo quen sexa o encausado e deita a sospeita da dubidosa independencia xudicial .

Vímolo de ver, mais unha vez, verbo da querela presentada contra Puigdemont, Junqueras, os consellers e a mesa do Parlament: citáronos a declarar a fume de carozo a costa de pó en perigo as garantías do dereito a defensa. O que contrasta, por exemplo, coa lentitude e rixideza da investigación xudicial do accidente de Angrois, cos dous anos que demoraran en citar a Rodrigo Rato ou nos casos de corrupción da trama Gürtel- que precisou dous lustros, van aló 10 anos desde que se destapullou, para chegar a xuizo,  da trama Palau (oito anos sen sentenza) ou, en fin, o borbónico-caso Nóos (que demorou seis anos e ainda está no Supremo), etc, etc.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: