off
Tecnoloxías da información — 2 Novembro, 2017 at 08:54

Xornalismo na escola

por

Xa está en marcha a terceiredición da iniciativa ‘Xornalismo na Escola’, na que profesionais en paro impartirán xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO en Intitutos de Ensino Secundario de toda a xeografía galega. Nestas xornadas convocadas polo  Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia  a través dun convenio de colaboración coa Obra Social ‘la Caixa’ impartiranse nun total de 90 obradoiros para escolares de 3º e 4º da E.S.O, distribuidos entre I.E.S de toda a comunidade. O obxectivo de ‘Xornalismo na Escola’ é introducir ao alumnado no mundo dos medios de comunicación, cada vez máis importante hoxe en día. As xornadas  realízanse dende hai anos  na Cataluña, Madrid e Sevilla.

Do ao

Os obradoiros estarán impartidos por colexiados ou colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que se atopen en paro, tendo preferencia aqueles que se encontren en situación de desemprego de longa duración. Cada un dos nove xornalistas seleccionados impartirá o taller a 10 grupos diferentes de alumnos, cunha duración hora e media cada un.

Bases da III Edición de Xornalismo na Escola

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: