off

Condenación internacional por prisión dun goberno lexítimo

by

O Bloque Nacionalista Galego e En Marea emitiron  comunicados após o paso dado pola xuíza Lamela. O BNG denuncia “a liña marcada polo Goberno de Mariano Rajoy e os poderes do Estado, abre a crise democrática máis grave dos últimos 40 anos e instala o Estado español nun comportamento neofranquista” e En Marea pide a posta en liberdade imediata dos cargos do Govern e dos presidentes de ANC e Òmnium Cultural e considera un “novo atentado á democracia”

 


Prisión incondicional para Junqueras e 7 conselleiros e fianza para  Vila. O presidente exixe dende Bruxelas a libertazón dos conselleiros encarcerados. Puigdemont pede unha loita pacífica contra a “longa e feroz” represión do Estado. Centenares de persoas concentranse na contorna do Parlament, no Parc de  la Ciutadella, e en prazas e ruas de toda a Cataluña como resposta ao encarceramento. Colau reclama unha fronte común para a libertazón dos presos políticos. A escocesa Sturgeon afirma que a decisión debería recibir a reprimenda de todos os demócratas. O PNB demana a “destitución fulminante” de Maza despois do envio a prisión dos consellers.  Os nacionalistas galegos “mandan un abrazo fraternal e solidario ás familias, forzas políticas e entidades cívicas soberanistas de Cataluña, das que nos sentimos próximas e irmás na defensa da democracia, a liberdade, os dereitos sociais e o dereito a decidir dos pobos”.

O encarceramento do goberno provocou concentracións de cidadáns en toda Cataluña. Na foto, Praza del Vi, Xirona

Indefensión

Segundo o xornalista Ernesto Ekaizer nun artigo publicadono xornal ARA, a xuiza Lamela e o fiscal Carballo afortalaran a indefensión xa que ignoraran dous escritos que solicitaban a mesma suspensión que o Supremo concedeu. A xuíza da Audiencia Nacional, Carmen Lamela, ignoraría a solicitude de suspensión das declaracións dos nove ex consellers despois de que o maxistrado do Tribunal Supremo, Pablo Llarena, decida admitir o aprazamento das comparecencias dos membros da mesa do Parlamento até a quinta-feira da próxima semana. Mentres os fiscales do Tribunal Supremo, Consuelo Madrigal e Fidel Cadena, consideraran a suspensión pertinente, os fiscais da Audiencia Nacional, Miguel Ángel Carballo e Pedro Rubira, silenciaron e deixaron á maxistrada Lamela omitir o adiamento. A nova da  suspensión no Tribunal Supremo chegou a Lamela, que recibira con rabia a noticia de que o avogado Van den Eynde, que tamén defende catro ex consellers, non estaba presente nas declaracións da Audiencia. Lamela preguntouse nun punto que non estaba presente se as comparecenzas no Supremo foran postergadas. Para Ekaizer “o feito é que a maxistrada continuou co interrogatorio a pesar das dúas solicitudes de suspensión. Os fiscais de Carballo e Rubira, malia o acordo alcanzado onte pola mañá, calaran e deixaran facer a Lamela. Na práctica, a maxistrada, que no auto da prisión, escoitou falar da existencia dunha solicitude de suspensión tras as declaracións e os fiscais da Audiencia Nacional apuntaran unha indefensión  que no Tribunal Supremo considerábase real porque xa concedera o adiamento. Lamela afirma no seu auto que non pasa nada, que os que están arestora encarcerados poidan declarar tan frecuentemente como queran. Semella que no fondo deulle o mesmo, porque ian a ir a prisión en todo caso”, afirma Ekaizer.

 

A quen obedece o fiscal Maza ?

Eís o que se pregunta Enric Juliana nun artigo publicado en La Vanguardia, relatando que “o xuiz instructor Pablo Llanera outorgou un prazo de unha semana aos avogados dos membros da Mesa do Parlamento para mellor preparar a defensa dos seus clientes, acusados e acusados polo Fiscal xeral do Estado por crimes de rebelión, sedición e malversación. Dous dias antes, afirma, a sala segunda do Tribunal Supremo introduciu un matiz significativo na demanda para a admisión da denuncia: o crime da rebelión podería ser reconsiderado. Garantía e posibel reescritura da acusación, cunha ollada na Europa.”

Porén, malia a distensión, “á mesma hora,  na Audiencia Nacional se desestimaba calquer adiamento garantista das declaracións dos consellers –sen aforamento desde o sábado– e  a xornada remataba con nove ordes de prisión. Despois de encarcerar a Jordi Sànchez e Jordi Cuixart polo presunto delito de sedición, a xuiz Carmen Lamela emitía outro durísimo auto, en perfecta sintonía coa fiscalía. O aquel do José Manuel Maza”, explica.O encarceramento no medio do Consello Executivo logo dunha declaración de independencia moi matizada e sen perturbacións na rúa, converte as eleccións do 21 de decembro nun plebiscito contra o goberno central.

A fiscalia pide  agora unha orde de detención internacional para Puigdemont e os consellers que continuan en Bruxelas.A petición chegará a un xuiz instructorde Bruxelas, que podería demorar 60 dias en resolvela

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off