off
Cedeira, Economía, Política local — 2 Novembro, 2017 at 07:56

Cedeira diminúe a presión fiscal sobre as familias rebaixando os tipos de gravame

por Redacción

[Pingota Comunicación]Tres foros os asuntos aprobados por unanimidade polo pleno de Cedeira celebrado o pasado martes, o que leva ao equipo de goberno a pensar que “debemos estar facendo algo ben o noso traballo para que ata a oposición vote a prol das nosas propostas, tal e como está a suceder nas últimas sesións plenarias”. A desta semana tiña carácter extraordinario.
No primeiro punto, a corporación tomou o acordo de aprobar a resolución pola que o goberno local garante unha achega provincial, por importe de 158.806,51 euros, con cargo ao POS 2017 para acometer obras de saneamento nas rúas Paz, Silva e Floreal. Trátase de intervencións incluídas no plan municipal de mellora da rede de saneamento e cuantificado en 1,1 millóns de
euros ata o ano 2018.

Redución dos tipos de gravame dos inmobles
O segundo asunto foi o relativo á política fiscal coa que o goberno municipal trata de reducir a presión sobre as familias a raíz do “catastrazo do ano 2013”.“Un erro que agora está a recoñecer o PP ao votar a prol de reducir os tipos de gravame dos inmobles urbanos e rústicos para tratar de compensar a subida dos valores catrastais”, segundo se apuntou desde o executivo cedeirense. Así, no caso das vivendas urbanas, o tipo pasará do 0,50% ao 0,48% e, no das propiedades rústicas, queda no 0, 42% cando antes estaba no 0,46%.

Escola infantil
Por último, a corporación tamén aprobou o cambio de uso da propiedade que dará lugar á ampliación da escola infantil, unha decisión coa que “se dá carpetazo definitivo a todo que que tiña que facer o Concello de Cedeira”, segundo o equipo de goberno. O acordo recoñece como uso principal o de equipamento sanitario asistencial e como complementario o de equipamento
sociocultural. Os responsables municipais entenden que agora lle toca ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar seguir avanzando na realización do proxecto para que Cedeira poida ter as prazas de gardería que realmente necesita. “Nós xa fixemos o que tiñamos que facer para que a ampliación da escola infantil se poda levar a cabo”, apuntan.

 


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. 
Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: