off

Puigdemont non pide asilo mas ficará en Bruxelas até ter garantías

por Redacción

Acompañado dos consellers Forn, Comín, Bassa, Serret, Borràs, Puig e Ponsatí afirmou que asume as eleicións convocadas polo goberno español como un reto democrático, pídelle a Europa que reaccione  e reclámalle ao Estado español un compromiso claro de que respeitarán os resultados das eleicións.


” Na segunda-feira, reunidos no Palau da Generalitat e despois da declaración de independencia e despois de datos de fondo contrastados que sinalaban que o goberno espñaol comezaba unha ofensiva contra o goberno cunha querela do fiscal confirmada onte con penas que poderían sumar até 500 anos de prisión contra o Govern e a mesa do Parlament, acordarmos que o goberno priorizaría a prudencia, a seguranza e a moderación”, afirmou Puigdemont.

“Na sexta-feira, vimos que o diálogo e a negociación que sempre defendemos eran simplesmente imposíbeis. Antes do referendo do 1 de outubro, noso mán foi estendida até o infinito. Eles teñen um problema xigante que non queren tomar politicamente, mas com represión. Todas as decisións tomadas desde sexta-feira seguen os valores da paz e do diálogo. Este goberno preferiu garantir que non haberá violencia. A República non pode ser construída a partir da violencia. Se o Estado español escolle a violencia, será sua decisión, mas non nos arrastrará “, acrescentou.” Non forzamos os funcionarios a tomar partido porque son servidores do país “, afirmou.

 

Onte, vimos a querela do fiscal Maza, un  fiscal repreendido polo Parlamento español. É unha denúncia que confirma a extrema agresividade do goberno español contra o goberno. En toda a redación, concentrase en perseguir algunhas persoas, ideas, e non un crime, exixindo 30 anos de prisión para cada un de nós. A querela adicionase à opción da belixerancia do goberno español “, afirmou o presidente catalá.

Puigdemento falou tamén da convocatoria de eleicións do 21-D  como “un reto que asumen con todas as nosas forzas”. “Non  temos medo dos desafios democráticos. Respeitaremos os resultados das eleicións 21-D, como sempre fixemos, sexa cal for o resultado “, dixo, e enviou unha resposta ao goberno español: “Será que eles farán o mesmo? Os resultados das eleicións serán respeitados? Eu quero un compromiso claro por parte do Estado”. “Se o goberno non o respeitar, haberá eleitores de primeira  e de segunda “, concluiu. Puigdemont lembrou que seu programa eleitoral anterior xa indicaba que o obxetivo era declarar independencia.

No entanto, ao longo da mañá  a Gardia Civil presentabase en seis comisarías dos Mossos para buscar gravacións do 1-O e o TC resuníase para supender cautelarmente  a declaración de independenica do Parlament.

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: