off

A quermese heroica

por Rafael Cid

Un brando 155  inicial sumado a un posterior couce da Fiscalía e a Audiencia Nacional contra un Govern e un president da república catalá a recado, mentres o partido que o soergue  acepta as eleccións da monarquía, é un maremágnum de proporcións bíblicas que non augura nada bo para os novos súbditos. Unha rara viaxe a ningures que redundará na volta ao curro das dúas tramas corruptas en conflito: o PP da Gürtel e os ex-independentistas sucesores do partido do tres por cento. Reedítase así aquela escena da transición que botou a andar cando o PSOE histórico, republicano no exilio, foi suplantado polo PSOE do interior, monárquico e renovado.
O protonazi Carl Schmitt está de moda. Non só foi redescuberto por ideólogos do neoleninismo pósmoderno como Badiou e Zizek, á parte dos teóricos do populismo Laclau e, Mouffe, senón que as súas formulacións parecen estar na base do argumentario da maioría parlamentaria que proclamou a república en Catalunya. Aquel “é soberano quen posúe o dereito a decidir” do xurista alemán nacional-socialista converteuse na divisa dos novos republicanos ao aceptar concorrer ás autonómicas do vindeiro 21 de decembro. Deste xeito, o cobizado dereito a decidir colectivo, que estaba na base movilizadora do procés, mutou no dereito a decidir dunha elite. E todo iso precisamente despois de que abrazaran o alvo soberanista. Puro realismo máxico.

Entón estamos noutra levitación política, despois da inicial do 10 de outubro perpetrada por Puigdemont, e unha sequela de intriga sobrevinda de pai e moi señor meu. Como as batallas do Cid Campeador despois de morto. Nesta nova edición do “si mas non”, verbalizada desde a clandestinidade a que lles someteu a activación do artigo 155, Puigdemont, Junqueras, Forcadell e o que  lastra, decidiran recuar sobre os seus pasos deas-pa-ci-to. Desde as altas cimeiras da republica catalá recentemente estreada acatan o que dispón a monarquía que acaban de licenzar. Hai un método na súa tolemia. Mas tamén unha paisaxe que reivindica no seu pasmo aquela citación de Emma Goodman “se votar servise para algo estaría prohibido”, abonando ao cabo a solvencia do vilipendiado abstencionismo.
A Segunda Transición chegou e ninguén, agás Mariano Rajoy emulando a Adolfo Suárez, sabe como foi. Gañou unha vez máis o bendito consenso. Ou o que outros, para ocultar as súas propias inclinacións, denominan “unha correlación de debilidades”. Como ocorreu co alumeamento do Réxime do 78, ao que a república catalá nasciturus pretendía pór data de caducidade. Dereitas e esquerdas borbónicas, xuntas e revoltas, acordaran finalmente que é máis o que lles une que o que lles separa. Decisionismo paifoco versus soberanismo de frasca.
A ninguén que non comprase un décimo tócalle premio na lotaría. Por iso o encontro do 21-D esixía que Puigdemont-Rajoy / Rajoy-Puigdemont trocaran as súas papeletas na decisiva partida do pin-pon xogada días atrás coa solución eleitoral sobre o tapete. O que explica que o piadoso Junqueras se encomendase ao Altísimo cando lle chegou a quenda de glosar a magna obra da independencia e que agora confese que deberán tomar “decisións que non sempre serán fáciles de comprender”. Non menos que o misterio da Santísima Trindade. Sabiamos que Rajoy era capaz de soprar e sorber ao mesmo tempo, mas  ignorabamos que o primeiro acto do govern da flamante república catalá se ía pór ás ordes da aborrecida monarquía borbónica.
Decisionismo, pois, e menosprezo da vontade de millóns de cataláns expresada nas urnas o 9-N e do 1-O, por non falar da firma do compromiso con “o mandato popular” polos 72 o 10-O e a súa formalización parlamentaria mediante voto secreto o 27-O. Unha achega histórica aos anais do maquiavelismo político do todo a cen que renova o xa inxente arsenal de artimañas, parvadas e miraxes da clase política até hoxe coñecidos. Antes a argucia resumíase en cambiar algo para que todo seguise igual. Agora estamos ante un matrix que pasa sideralmente o achegado por Lampedusa. Aquí e agora a cita podería quedar en “mudámolo todo para logo facer os que no pete”. O fracaso do Plan Ibarretxe foi máis digno.
O día de autos, 21-D, haberá eleccións autonómicas non constituíntes. Concorrerán aqueles que protagonizaron unha fuga cara adiante que os levou varudamente de regreso á casa común. Esgotados por semellante esprint, e coa asistencia doutros compañeiros de viaxe que antes eran remisos porque “non había garantías”, o PDeCAT, ERC (ambos reteñen a súa acta nacional no Congreso e o Senado) e CEC, abeberarán no bóxer que ten reservado o Estado para os seus VIP máis esixentes. Desta forma o famoso seny imporase unha vez máis ao paso alegre da paz que marca Madrid vila e corte. Porque a guerra de bandeiras precedente facilitou a mellor campaña eleitoral que poderían imaxinar os cruzados da unidade de España. O premio gordo será para un PP recauchutado no ouropel ucedista, deixando a pedrea á esquerda borbónica do “ande yo caliente”. Iso computado no balanzo dos profesionais da política atragoados coa súa propia saliva. E os amateurs da Candidatura de Unidade Popular. Se o seu compromiso de coherencia non o remedia, e prevalece o seu sinal de “candidatura” puntos suspensivos. A quermese sucederá ao procés.

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: