off

O fiscal xeral do Estado anuncia querelas por rebelión, sedición e malversación contra os membros do Govern

by

De Puigdemont á Mesa do Parlament catalán. O fiscal xeral José Manuel Maza anunciouno nunha rolda de imprensa  ante os medios, mas non haberá detencións. Tamén acrescentou que a DUI “culminou o menosprezo á Constitución”. Segundo o seu ponto de vista, o delito que lles atribue atinxe un “alzamento público e con violencia” co obxectivo de “derogar, suspender ou modificar totalment ou parcialmene a Constitución”, ou “declarar a independència dunh parte do territorio nacional”.Así, segundo o fiscal na concentración do 20 de setembro na Rambla Catalunya seica houbo violencia e todos os dirixentes responsabeis .

Co 155 activado e cos presidentess do Òmnium Cultural, Jordi Cuixart,e da ANC, Jordi Sànchez,  na prisión, o obxectivo agora da fiscalía son os máximos dirixentes do Procés. José Manuel Maza presentou duas querelas por rebesión , que poden chegar até  30 anos de cárcere-, sedición, malversación de fondos públicos e outros delitos contra Carles Puigdemont e todo o seu goberno e contra a presidente do Parlament Carme Forcadell e o resto de membros soberanistas da mesa.

O fiscal xeral, porén, non pediu que foran detidos os implicados e serán a Audiencia Nacional e o Tribunal Supremo quen cos citará para os interrogar. De negárense a atender a citación xudicial, habería detecións. Alén diso, o ministerio público tampouco pediu medidas cautelares até que os maxistrados non tomen declación  aos afectados.

Ás 13:52 unha cadea humana arrodea a sede da Generalitat en Xirona contra o 155 e en apoio de Puigdemont e o goberno.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off