“España ten dereito a defenderse” afirma agora Rajoy. O camiño estaba trazado (a emenda do PSOE para frear a intervención se Puigdemont convoca eleccions, en dúbida). O estado rexeita o freo de Puigdemont no Procés e coloca ao presidente catalá a un paso de convocar eleicións en tanto o Parlament arranxa a declaración da República Catalana como estado independente e soberano para instar, mais unha vez ao Govern, a declarala (votar xa se votou).
Sen dúbida, o movimento independentista viveu onte o momento mais crítico desde 2012. Nunha xornada que balanzou entre manifestacións e acusacións de “traición” que amosaban a face máis feble do Procés. Porén, o carrichón de Rajoy levouno ao regaste da unidade independentista, malia a aparente tentativa de evitar o pior cenário posibel e o medo a unha explosión de violencia. Mariano Rajoy e o PP foron ao resgate da unidade soberanista coa recusa de retirar os 155 en troca de eleicións. O camiño estaba trazado, chámase recentralización do Estado e o 155 é unha medida preventiva que nos irá pór a proba a todos.
Co seu movimento Puigdemont (que hai dous anos era alcalde de Girona) gaña lexitimidade. Porque durante algunhas horas ocupou o cargo de maior culpado demostrou a todos os interlocutores que lle pediran facer a mudanza para convocar as eleicións que antes estaba disposto a se “imolar”, no horizonte imediato de apliación do 155, colocando outra vez acima do tapete o mandato popular saido do referendo do 1-O . Talvez o que non podia facer onte Puigdemont é arriscarse a que ilegalizaran algúns partidos nunha hipotética convocatoria de eleicións.
No entanto, non así Rajoy. Non soubo interpretar o momento. Por qué? O rumo está fixado e aprobarase o 155, que queiran que non. O principal motivo é que, entre romper seu partido ou quebrar o bloco co PSOE para o 155, o presidente do goberno español prefere esa segunda opción. O Rajoy é home de partido, non é, como se afirma, un home de estado mas un polo estado para o partido. E sabe que un pacto co Puigdemont colocaria en risco a unidade do PP debido á presión desde a FAES e Cs. O conseller Vila dimiteu asumindo ter fracasado na defensa de que o 155 non xustifica a DUI ainda que admitiu que é “ataque violento contra a democracia”. Entón, Puigdemont debeu ter (sobre) entendido que o artigo non se teria aplicado? Garantías, u-las?
E tamén están os chamados sorayos, a turma de avogados do estado que traballaran para construir o dispositivo do 155, o novo brinquedo co que o legalismo español espera fumigar e matar para sempre o vírus de separatismo, na Cataluña e fora dela. Como unha poderosa arma deseñada ad hoc para ser empregada para recentralizar a eito.
No final, a combinación da política partidária co antigo soño do legalismo ideolóxico español de controlar as institucións cataláns resultou na construción dun Enola Gay do sistema autonómico. Agora o problema é como conducir o Little Boy, que para que a súa furia desatada cause danos colaterais inesperados. 155 é o equivalente aos Decretos do Novo Plano (Decretos de Nueva Planta en español) polos que mudou a organización o territorial dos Reinos de España, significando a abolición dos foros dos reinos da Coroa de Aragón, implicando que o castellano fora estabelecido como lingua administrativa da Audiencia da Galiza. Este é o principal perigo do artigo 155, para se tornar un Decretos de Nueva Planta para o século XXI(decretos que, por certo, ainda hoxe non foran derogados).
Será relativamente simples reconstruir a unidade soberanista en torno da idea de resistencia á intervención da autonomia e á libertazón dos prisioneiros (Puigdemont, o primeiro). No entanto, para ser operacional, esta unidade deberá ser compatíbel co princípio da realidade que onte causou a inesperada virada de Puigdemont . O presidente da Generalitat, un independentista convencido, agora coñece duas cousas: a primeira, que a Cataluña non ten capacidade coercitiva para tornar efetiva a declaración de independencia; e o segundo, que o Estado está disposto a todo, mesmo ao uso da violencia, para evitar a separación. A nova estratéxia do independentismo deberá telos en conta para ser quen de proxectar a súa viabilidade e apañar apoios. Por encanto, o primeiro desafio é organizar a resistencia ao 155 e achar os puntos febles. O camiño será dificil. Co PSOE e Cs debruzados onde a dereita española quere que estén e co apoio dos principais estados da UE, estamos no meio dun proceso de recentralización do Estado que vén desenvolvendose paseniño e sen pausa. Con este pano de fondo, Rajoy que outrora negou que se fixera o referendo, agora afirma que se realizou para mellor xustificar a execución do 155 da CE.
Pode Cataluña evitar a ocupación das súas institucións de autogoberno? Ten algunha garantía? Compre enfitar o papeliño branqueador do PSOE dando carta de natureza ao 155. Unha posición imposibel, coa presión interna das forzas conservadoras (un dos destinatarios da mensaxe de Filipe VI era o PSOE) e coa maior parte da opinión pública española apoiando a despropósito que é a aplicación do 155 coa cumplicidade integrada e asumida do PSOE de brazo dado do PP. Neste contexto, Pedro Sánchez puido ter unha posición mais próxima ao PNB e a Podemos porque perante a incapacidade de Rajoy de recoñecer o xesto de Puigdemont, o seu acompañamento sen matices no segredo do PP, inhabilitouno para axir con credibilidade.
Cal é entón o fundamento de aplicación do 155? Que Puigdemont non respostara cun monosílabo? Como é posibel que se aprobara o 155? Porque é simples punición preventiva que perfura no abismo. Dispositivo de centrifugación cara o centro.
Expectativas. Os soberanistas estamos nun paradoxo. Non falo apenas do Procés de Cataluña, que é o meu porque ali moro e traballo. Falo como galego e europeu inveterado, fitando con desasosego como a Unión Europea se desentende do que se está a xogar arestora na Cataluña, que non é outra cousa que a democracia por vir despois da deriva autoritaria, recentralizadora do estado español na xeira de Polonia, Hungria e Grecia. Porén, o que está a ficar ao descuberto é a insuficiencia e feble constitución democrática europea. Inhíbese agora da cuestión democrática no seo do estado español mas Merkel non deixou nas mans de Rajoy ou Zapatero a resolución da crise do euro. A UE decide que é cousa interna española a resolución do problema catalá malia supor o silenciamento da maioría social de Cataluña, deixando que un goberno utilice as proprias leis para favorecer a fuxida de empresas do territorio que seica afirman non querer que se separe e non dubidar en repremer con violencia persoas pacíficas que querian exercer o dereito de voto.
Mañá teremos unha declaración de independencia e, por outra banda, unha suspensión das institucións seculares catalanas coa destitución dos seus representantes. E a Europa, EUA, Le Monde e o Wall Street Journal na alianza que foi configurando pouco a pouco o PP (coa estratexia do 155 trincando ao PSOE). Hai uns dias “Rusia Today” (plataforma estratéxica estatal rusa xunto con Sputnik) publicaba que un novo estado catalá recibiría o apoio de doce estados europeus (a máis de Inglaterra, os escandinavos e algún pequeno país do leste de Europa). Cumpriranse a predición do aparato ruso de propraganda?
Estamos onde quixo a dereita española. Ainda agora están traficando que fan con TV3. Dias para unha certa abstinencia do twitter e outros medios.
Certo. É un decreto de nova planta.