off
Cedeira, Música, Xente — 26 Outubro, 2017 at 07:51

Sobre Rodas adquire un veículo adaptado

por Redacción

[Pingota Comunicación]  A asociación sociocultural de discapacitados Sobre Rodas xa ten un novo transporte para ofrecer servizo aos 350 socios que a día de hoxe ten esta entidade na vila de Cedeira. Trátase dun veículo de segunda man, adquirido por 12.000 euros, que aínda carece de plataforma para que poida ter a consideración de adaptado. A asociación contou coa colaboración económica da entidade bancaria La Caixa e do gran apoio que para a causa representou tanto a actuación, o pasado 15 de setembro, da cantante local Irene Caruncho en el auditorio da vila como o festival de Pakolas. De feito, a cantante xa ten
comprometida unha nova actuación en Cedeira co fin de seguir contribuíndo ás necesidades que poida ter a Asociación sobre Rodas. Neste caso, será o día 8 de decembro.

Música solidaria

Antes dito, a entidade vén de organizar un festival solidario que terá lugar o día 10 de novembro no auditorio, a partir das oito da tarde. O prezo da entrada será a vontade e a finalidade da convocatoria é reunir cartos para a compra de material ortopédico e para poñer a plataforma ao novo veículo. As actuacións estarán a cargo do coro infantil Sobre Rodas, o grupo Herbeira, o conxunto de acordeóns e as intérpretes Arancha Bouza e Lydia Orizales.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: