off
Cedeira, Fin de semana, Teatro — 26 Outubro, 2017 at 08:05

“O tolleito de Inishmaan” no Auditorio de Cedeira

por Redacción

[Pingota Comunicación] O auditorio municipal de Cedeira acollerá o domingo 29 de outubro ás 18.30 horas a representación da obra teatral “O tolleito de Inishman” de Martin McDonagh.Un espectáculo dirixido por Cándido Pazó e ambientado nunha illa irlandesa, chea de personaxes curiosos, pintorescos, característicos, e entre todos eles un tolleito, un ser desfavorecido que soña con poder ser amado e valorado. Unha comedia coa que o público se sentirá “atrapado polo humor e a tenrura” dun teatro “tan entrañabel e tan noso” como o irlandés, tal e como apuntaran a crítica. A adaptación da obra de Martin McDonagh gañou 5  Premios do María Casares de Teatro.

Sinopse

Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características… Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro. Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.
  • Auditorio de Cedeira
  • Domingo 29 de outubro, ás 18:30h.
  • Dirección: Cándido Pazó
  • Escenografía : Carlos Alonso
  • Música orixinal: Guillerme Fernández
  • Reparto: Evaristo Calvo, Ana Santos, Ricardo de Barreiro, María Roja, Luis Iglesia, Santi Romay, Marcos Pereiro e Susana Dans

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: