off
Agro, Economía, Galiza, Medio ambiente — 26 Outubro, 2017 at 10:24

Entra en vigor a chamada Lei de Depredación

por

O DOG  publica a entrada en vigor da Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galicia, alcumada polos movementos que a rexeitan como ‘Lei de Depredación’. Actívanse todas as medidas e agás as relativas aos aproveitamentos madeireiros, que se comezarán a aplicar dentro de seis meses.

 

“Lei de Depredación”

A norma modifica a Lei de Montes, Lei de Minaría e a Lei de Aproveitamento Eólico e simplifica os trámites administrativos de supervisión ambiental e patrimonial para diferentes proxectos empresariais, nomeadamente no ámbito da minaría, da instalación de xeradores eólicos e na explotación forestal do monte, mudando as normas (Lei de Montes, Lei de Minaría, Lei de Aproveitamento Eólico…) que rexen estes sectores.

Alén diso,  mingua a capacidade das administracións locais para decidir ante grandes proxectos empresariais (que se poden beneficiar de declaracións de supramunicipalidade) e facilita a expropiación de terras en beneficio destas actividades. Signifca a completa desregulamentación e perda da mínima cautela ambiental.

Os expertos e activistas alertan dos efectos prexudiciais que pode ter para o medio rural e,ao cabo, para unha xestión ordenada e sustentable do territorio. O que  provocou que no debate desta terza-feira no Parlamento tomasen un gran protagonismo os incendios forestais e as súas causas.

Noa Presas ( BNG) advirte de que a lei pode ser “o salvoconduto para a permanencia de ENCE, para legalizar o campo de golf de Baiona, para construír a gran superficie comercial de Porto Cabral ou para explotar a mina de Touro

Para Antón Sánchez (En Marea) esta de lei afonda nun modelo que provoca o abandono e o envellecemento do medio rural, o que incrementa o risco de incendio”.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: