off

Eleicións sen DUI en troca de retirada do 155

by

A decisión está a tensionar o Govern para concordar coa fórmula  após a suspensión do mandato popular saido do 1-O. Porén, a opción de Puigdemont aponta a unhas eleicións sen DUI o 20 de decembro e reclama garantias que non se aplicará o 155,  segundo informan os xornais cataláns. O president encontrouse primeiro co goberno e depois co grupo parlamentar de JxSí. ERC e o PDECat apresentan un recurso de protección ao TC contra o procesamento do 155 no Senado, entanto parece ser que Miquel Iceta, José Montilla e Núria Marín tiveran un papel sobranceiro, xunto co lehendakari Íñigo Urkullu, na mediación para frear a declaración de independencia.

Milleiros de estudantes concéntraronse ao longo da mañá por toda Cataluña contra o  artigo 155 . O deputado de JxSí e alcalde da Seu d’Urgell Albert Batalla anuncia que deixa o escano e militancia do PDeCAT igual que  Jordi Cuminal.Joan Ramon Casals, alcalde de Molins de Rei manifestou estar en contra dos comicios. Gabriel Rufián, de ERC foi máis mordaz: “155 moedas de prata”.

De confirmarse, ficaría en papel mollado a “suspensión” e adiamento da declaración de independencia e sería unha vitoria do rexime do 78.

Coerción e regresión na proteccións dos dereitos humanos

Non hai dúbida de que o Artigo 155 está na Constitución e que a “coerción federal” (isto é, o uso da forza)  é “totalmente constitucional”, como diseran enfaticamente os porta-voces do PP e do PSOE nos últimos dias. Mas iso que é así no texto, tamén é falso. Quer dicer, que esté na Constitución non se segue o seu uso para responder a un conflito da complexidade da integración da Cataluña no Estado. Un problema que atravesa a historia do estado español e que en 2017 pretende ser abordado por coerción. Pola contra, tratándose dun problema constituinte, o paradoxo é que o estado español pasou de non respeitar o pacto entre o Congreso dos Deputados e o Parlament ratificado en manifestación  de vontade dos cidadán da Cataluña en referendo, a considerar apenas o ordeno e mando que rexe o “legalismo ideolóxico” como único axioma que reducindo o pacto a “coerción federal” contradí calquera noción de natureza constituinte. O que fica na retina é  negación dun referendo utilizando a forza para evitar que un pobo exerza o dereito a se expresar sobre a autodeterminación e castigalo por elo cancelando a autonomía disponibel.

Integridade territorial vs. dereito humano á autodeterminación

Alén diso, a decisión do goberno español de”suspender” a autonomia de Cataluña é unha regresión incompatibel con diversos artigos do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos.  A suspensión das medidas coercitivas e represivas e a organización dun referendo que permita coñecer os desexos da poboación tería sido a solución democrática  á situación actual supervisado pola  Unión Europea (UE), a Organización para a Seguridade e a Cooperación na Europa  e con  observadors privados como Centro Carter. Este vieiro foi experimentado polo Govern porén foi boicoteado polo goberno español utilizando a represión policial, ainda así podeuse votar grazas a medios alternativos deseñados in extremis para evitar a retirada de urnas e censos.

A denominada “coerción federal”  é unha invocación  ao principio de integridade territorial  para xustificar as medidas represivas de silenciación da disidencia política. Como é posibel invocar este principio para reprimir do dereito de todas as persoas? O dereito a decidir é un dereito dos pobos e non unha prerrogativa dos estados que poidan outorgar ou negar a vontade e segundo intereses xeopoliticos do momento. En caso de conflito entre o principio de integridade territorial e o dereito humano á autodeterminación é o segundo o que prevalece.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off