O escritor, poeta e traductor galego en lingua catalá, Xulio Ricardo Trigo, nado en Betanzos en 1959, vén de gañar o XXI Premio Nèstor Luján de novela histórica 2017 co romance “L’homenatge’ (Columna)” outorgado polo xuri formado por Tin Luján, Jaume Sobrequés, Vicent Sanchis, Maria Carme Roca e Glòria Gasch. O texto contextualizase no Museu Cau Ferrat de Sitges contra 1932, quer dicer, no movimento modernista. O Museo do Cau Ferrat fundouno en 1893 o artista Santiago Rusiñol (1861-1931
“L’homenatge” éunha historia veiculizada através da viúva de Santiago Rusiñol, LluïsaDenís que despois da morte do seu marido entregou as chaves do Cau Ferrat ao concello de Sitges , que o convertirá nun museo. O protagonist aCarles Solé é un critico de arte, un noucentista por necesidade que escribe artigos en ‘La Vanguardia’, na procura dunha forma de superar o modernismo. Contacta con Lluïsa Denís por ver de reunir membros do modernismo vivos para facer unha homenaxe ao movimento.
Trigo ten publicado unha ducia de novelas, entre elas ‘Després de l’oblit’, ‘Els secrets de la reina’, ‘El somni de Tàrraco’ o ‘Les veus del Liceu’. Gañou o Ausiàs March, o Maria Mercè Marçal e o Miquel de Palol. Colabora nos medios e ten traballado en ‘El Temps’, o ‘Diari de Barcelona’, ‘El Punt Avui’ ou ‘La Vanguardia’.
O premio Nèstor Luján
O Premio Nèstor Luján de novela histórica está dotado con 4.000 euros e é o único para dar pulo ao xénero de narrativa histórica en lingua catalá . Teñen gañado o Néstor Luján: ‘El càtar proscrit’ (2016), de Jaume Clotet; ‘Temps de família’ (2015), de Tània Juste; ‘La rosa entre els llops’ (2014), de Joaquim Molina; ‘Conspiració a Tàrraco’ (2013), de Jordi Solé; ‘Bon cop de falç’ (2011), d’Andreu González i Ramon Gasch; o ‘Intrigues de palau’ (2006), de Maria Carme Roca.