off
Comunidades Galegas, Literatura — 24 Outubro, 2017 at 11:19 a.m.

Xulio Ricardo Trigo gaña o Nèstor Luján de novela histórica

by
Xulio Ricardo Trigo

O escritor, poeta e traductor galego en lingua catalá, Xulio Ricardo Trigo, nado en Betanzos en 1959, vén de gañar o XXI Premio Nèstor Luján de novela histórica 2017  co romance “L’homenatge’ (Columna)” outorgado polo xuri formado por Tin Luján, Jaume Sobrequés, Vicent Sanchis, Maria Carme Roca e Glòria Gasch.  O texto contextualizase  no Museu Cau Ferrat de Sitges contra 1932, quer dicer, no movimento modernista. O Museo do Cau Ferrat  fundouno en 1893 o artista Santiago Rusiñol (1861-1931) como casa-obradoiro e tornouse en museo público en 1933.

“L’homenatge”  éunha  historia veiculizada através  da viúva de Santiago Rusiñol, LluïsaDenís que despois da morte do seu marido entregou as chaves do Cau Ferrat ao concello de Sitges , que o convertirá nun museo. O protagonist aCarles Solé é un critico de arte, un noucentista por necesidade que escribe artigos en ‘La Vanguardia’, na procura dunha forma de superar o modernismo. Contacta con Lluïsa Denís por ver de reunir membros do modernismo vivos para facer unha homenaxe ao movimento.

Trigo ten publicado  unha ducia de novelas, entre elas  ‘Després de l’oblit’, ‘Els secrets de la reina’, ‘El somni de Tàrraco’ o ‘Les veus del Liceu’. Gañou o Ausiàs March, o Maria Mercè Marçal e o Miquel de Palol. Colabora nos medios e ten traballado en ‘El Temps’, o ‘Diari de Barcelona’, ‘El Punt Avui’ ou ‘La Vanguardia’.

O premio Nèstor Luján

O Premio Nèstor Luján de novela histórica está dotado con  4.000 euros e é o único para dar pulo ao xénero de narrativa histórica en lingua catalá .  Teñen gañado o Néstor Luján: ‘El càtar proscrit’ (2016), de Jaume Clotet; ‘Temps de família’ (2015), de Tània Juste; ‘La rosa entre els llops’ (2014), de Joaquim Molina; ‘Conspiració a Tàrraco’ (2013), de Jordi Solé; ‘Bon cop de falç’ (2011), d’Andreu González i Ramon Gasch; o ‘Intrigues de palau’ (2006), de Maria Carme Roca.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off