off
Galiza, Infraestructuras e Comunicacións, Política — 22 Outubro, 2017 at 8:24 a.m.

Ortegal, Ferrolterra e a Mariña critican a ausencia da conselleira na xuntanza polo tren Ferrol-Ribadeo

by

Os rexedores pídenlle á Xunta “que non se comporte como un goberno ausente e que se faga respectar no Estado, cunha aposta decidida polo transporte público e ferroviario que lle corresponde ao norte de Galicia no século XXI”


Os rexedores de Burela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Ferrol, Moeche, Narón , Ortigueira, San Sadurniño, Ribadeo, Valdoviño e Viveiro, que  levan ano e meio denunciando ante Renfe e o Goberno galego a situación de abandono do servizo de transporte ferroviario da liña Ferrol a Ribadeo,xuntáronse este sexta-feira con representantes de Renfe, que os convocara no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Porén, as alcaldesas e alcaldes dos principais concellos de Ortegal, Ferroterra e a Mariña manifestaran a súa “decepción” pola indefinición da reunión e, sobretodo, pola incomparecencia da conselleira de  Infraestruturas, Ethel Vázquez, que tamén fora convocada  xunto cos rexedores a unha xuntanza á que asistiron tres representantes de Renfe e o director xeral de Mobilidade, da Consellería de Infraestruturas.

Os alcaldes e alcaldesas entenden que na reunión Renfe limitouse a explicar o que se leva feito desde o mes de xuño en renovación de asentos, pintado da estación e colocación de máquinas, porén as máquinas non funcionan (tres están no taller) e non serve de nada adecuar horariso e non hai trens, explicou.

Os representantes dos 12 concellos á Xunta “que non se comporte como un goberno ausente e que se faga respectar no Estado, cunha aposta decidida polo transporte público e ferroviario que lle corresponde ao norte de Galicia no século XXI”

Alén diso, na reunión acordouse crear unha comisión de traballao e seguimento integrada por un representante da Xunta, representantes de Renfe, o alcalde de Burela, Alfredo Llano García, a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, e a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade de Ferrol, María Fernández Lemos.

“Poderemos avanzar en detalles de horarios e ampliación de percorridos, ben necesarios, mais o problema de fondo é que se Renfe e o Goberno galego non cren nesta parte do territorio, non facemos nada e o tempo transcorrido sen avanzar así o indica”, afirmaron.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off