off
Cedeira, Festas, Galiza — 20 Outubro, 2017 at 7:15 a.m.

Samain Cedeira 2017

by

O Samaín sinala a chegada do outono en Cedeira. A celebración deste programa, que se desenvolverá a próxima semana e que terá como datas máis polulares as xornadas do 27 e 28, invita a nenos e maiores, a veciños e visitantes a participar dunha
tradición que, no caso da vila, foi recuperada pola Asociación de Amigos do Samaín hai agora case 30 anos.

A organización dos actos corre a cargo do Concello, que conta coa colaboración da ANPA Picapeixe nas actividades protagonizadas polos alumnos do colexio Nicolás del Río. Esta programación especificamente dirixida aos alumnos do centro dará comenzo o luns cun obradoiro de decoración de camisolas, que o martes será de chapas e o mércores e xoves de manualidades.
Tamén haberá sesións de contacontos e a presentación do libro “Catro contos de medo”, prevista para ás oito da tarde do próximo xoves. Durante eses días, a Sala Áncora abrirá as súas portas entre as cinco e oito da tarde para acoller todas estas citas. Alén diso, a partir de onte día 18, está aberto o prazo para participar no concurso de “Curtas Samaín”. A entrega do material pódese levar a cabo a través da Oficina de Turismo ou empregando a aplicación “wetransfer” ao correo amigosdesamain@gmail.com.

As celebracións entrarán, a partir do venres 27, nos dous días máis especiais deste calendario festivo. Nesta primeira xornada haberá obradoiros de colares de zonchos e de pintura para os máis pequenos, ás cinco da tarde, e a actuación de Paco Nogueira, a partir das sete. Ao día seguinte, sábado, a festa continuará coa presentación de cabazas e melóns ao concurso,
a celebración da tradicicional xincana (unha das probas será pasar pola casa das avisións), a “merendola do outono”, e o esperado pasarrúas de calabazas pola zona vella da vila cedeirense, a partir das 19.30 horas. O acto de entrega de premios dará comezo ás oito da tarde, pero non será ata o día 1 de novembro cando se coñecerán os traballos presentados ao concurso de curtas. Esta última convocatoria terá lugar no auditorio, a partir das 19.30 horas. As demais, excepto as organizadas pola ANPA, celebraranse na carpa que o Concello instalará na zona portuaria.

 

 


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off