off
Agro, Galiza, Incendios, Meio ambiente — 16 Outubro, 2017 at 6:41 a.m.

Tres mortos na vaga de lume

by

Os incendios arrasan máis de 2.100 hectáreas no que vai de mes. O fiscal de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz,  en declaracións á SER, prefire  “agardar” para saber se  todos os incendios “son intencionados ou non”,  instando a non “especular” ante as “hipóteses” lanzadas polo Goberno galego.


Redondela

A cifra de vítimas mortais pola vaga de lumes declarados en Galiza cresceu até trés, depois que, esta noite, morrera un septuaxenario en Ourense, no concello de Carballeda de Avia. trata-se da terceira vítima mortal dos incendios galegos, xa que ao menos duas persoas morreran ontem nunha furgoneta que foi presa do lume  en Nigrán (Pontevedra),  na estrada que une as parròquias de Camos e Chandebrito.

Centenas de fogos florestais afectan o país e norde de Portugal.O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai cifrar en 146 os fogos declarados en território galego desde sexta-feira, aos cuaia acrescentaran 60 durante a xornada e onte, e ainda fai  falta somar os perto de 300 que queimaban en Portugal.

A grave situación xerada, com decenas de lugares habitados ameazados polos lumes, trouxo os efectivos e emerxencias (todos os bombeiros, polícias e gardas civis mobilizados, mais a unidade militar de emergencias) a centrarse a proteger as casas.

À mesma cidade de Vigo viveranse momentos de grande angústia, con unha decena de lumes que rodeaban a área urbana e afectabam vários lugares e zonas residenciais da contorna, que foran evacuados. Igualmente, o centro comercial Travesía e a residencia de estudantes da Universidade de Vigo tiveran de ser desaloxadas. Hotéis, polideportivos e casas  familiares foran os destinos para pasar a noite a refuxio. Inclusive a última hora foi evacuada a quenda de noite que traballaba na fábrica de PSA (Peugeot Citroën) de Vigo.

“Sabemos apagar fogos em condicións adversas, mas estas condiciónss todas xuntas non as vivemos na última década, dise Núñez Feijóo. Estamos a falar de actividade incendiària homicida, dos efeitos climatolóxicoss mais adversos posíbeis, como seca continuada e ventos a cada golpe mais intensos, e dos fogos que chegan Galiza desde Portugal, que xá atravesaran o Miño”, acrescentou o presidente da Xunta.

BNG critica a “imprudencia” da Xunta ao “desmantelar” o dispositivo anti-incendios ao final do verán

Viciños, equipas municipais, brigadas da Xunta, integrantes do ministério de Agricultura e Pesca, Alimentación e Meio Ambiente e membros da Unidade Militar de Emerxéncias (UME) están despregados por toda a xeografia galega

Arestora son catorce os incendiosflorestais que téndecretada a situación 2, de risco real para a populación, depois de somar un n a parròquia de Aro, en Negreira (A Coruña, pasada a meia-noite.

GAliza acumula 31 incendios florestais entre os cuais somam mais de vinte hectares e están en situación 2, alén dos múltiplos focos mais pequenos que afectam muitos municípios e que fan chegar cinzas inclusive ás moradias do centro da Coruña.

Todo isto enquanto Portugal está desbordado depois de bater o seu recorde de incêndios, com mais de trezentos, e os lumes saltam o rio Miño para tomar as montañas galegas, onde queimaran mais de 4.000 hectaras desde a quinta-feira.


Ao mellor tamén che interesa

A estrada de Pedrógrão

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off