off
Agro, Editorial, Galiza, Incendios, Política — 16 Outubro, 2017 at 22:26

Galiza recupera o “Nunca máis” para criticar falta de información e meios

por Editorial

Só na contorna de Vigo van queimadas 1.500 hectáreas en  pleno outubro. Catro vidas liscadas, casas queimadas e familias desaloxadas,  focos a eito. O país en guerra contra o lume. Ás oito desta tarde houbo concentracións en vilas e cidades galegas, catalás, españolas e europeas ao chamado do Comité de Defensa do Monte Galego apoiada por organizacións sindicais como a CIG, estudantís e políticas como o BNG, Galiza Nova e En Marea . Houbo críticas pola xestión da Xunta, á que lle esixiron que derrogue a actual Lei de montes, e piden que non se autoricen recualificacións de superficies queimadas.

A posibel intencionalidade de moitos incendios non dispensa da nula autocrítica amosada polo presidente Feijóo e o fracaso absoluto da política florestal mostrada pola Xunta 

Quinze dias antes deste desastre ecolóxico, o goberno autónomo disolvoeu  436 brigadas – “Non afecta a loita contra o lume”, afirmou Feijóo sobre essa decisión. Ninguén avaliou o risco,  após o verán mais quente e seco do século no país. Todo ten sido unha grande falta de prevención e descoordenación.

A Galiza xa adicionaba 235 incendios florestais apenas nos primeiros 15 dias de outubro. Nalgunhas horas, foran adicionados mais 150 incendios nas catro províncias, nas florestas e tamén en Vigo, a cidade máis populosa, onde o pánico se espallou entre a populación. Todas as noites, a falta de información prevaleceu e a indignación foi para as redes sociais, alimentada ainda mais pelo silencio da TVG e dos canais de televisión españois, que, agás  La Sexta, non alteraran sua programación usual. O hashtag #ArdeGalicia explodiu imediatamente, lembrando o Nunca Máis  que trobexou cando a maré negra de petróleo impregnou a costa galega co accidente do  Prestige.

Fracaso das políticas florestais

Este desastre é explicado polo fracaso das políticas florestais galegas nas últimas décadas (por que non queiman as florestas da Suíza ou Euskadi?). É explicado, entón, por unha sociedade que vive de costas as suas florestas, ao seu monte.

Tamén non debemos ignorar os negros interesses económicos, que perpetuan un modelo de explotación florestal baseado no diñeiiro fácil vinculado a piñeiros e eucaliptos, que depende de Celulosas de Pontevedra (ENCE), unha das principais indústrias xeradora de resíduos do país, que funciona cunha licenza estendida polo PP violando unha decisión do Tribunal Supremo. No seu consello de administración, hai altos cargos do PP como Isabel Tocino e Carlos del Álamo.

 

Galiza precisa mudar o cadro mental

Thomas Kuhn, en 1962 definia revolución como “un episódio de desenvolvimento non cumulativo en que un antigo paradigma é substituído por un novo non compatíbel”. Un intervalo, un corte, unha mudanza xeral das regras do xogo, unha reforma da raiz do status quo que leva a mudanzas a nível político, económico, social e cultural: “Incluindo o cadro mental ”

Porén, a mudanza ou o deslocamento de poder non é un lugar concreto, a miúdo identificado co poder executivo, o poder político que emana dos parlamentos, mas un exercizo de forza colectivo que se torna tal pola inevitabel unilateralidade das nosas decisións persoais, cando non contribuimos de xeito individual e intransferibel á perpetuación do status quo. As políticas florestais desenvolvidas en Galiza móstranse mais unha vez como un absoluto fracaso que non beneficia ao conxunto da poboación. É tempo de pasar do desespero á vergoña e asumir que temos un grave problema de noso. Os galegos e galegas temos que procurar outras forma de cuidado, de cuidarnos, os uns aos outros.

 


Para saber máis:

A estrada de Pedrógrão

Um incêndio descontrolado provoca pelo menos 62 mortes em Portugal

Arde Galiza [apuntamentos de verán]

Galiza, zona catastrófica

O raposo a ter conta do galiñeiro

Despois da desfeita dos incendios a Xunta anuncia agora que destinará 16,4 millóns a forestación

“O monte arde porque dá cartos” (conversa cos traballadores do lume)

De cando Feijoó facía oposición e o monte ardía

Arde o Pindo, o olimpo celta

Incendio nas Fragas do Eume

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: