off
Cedeira, Política local — 13 Outubro, 2017 at 07:41

A voltas coa factura da auga [2]

por
O Concello de Cedeira vén de comezar unha campaña para consumo racional e aforro da auga. Todo ben. Con certeza? No momento actual, Cedeira é un dos poucos concellos que cobran un consumo minimo.E estase a cobrar  40 m³ ainda que gaste menos. Desta problemática dera conta Somos Cedeira cando gobernaba o Partido Polular e o Ollaparo publicaba en 2013 un artigo que esculcaba este tema, infelizamente continua vixente en todos os seus termos: pàgase por un servizo que non se usa pero que se cobra e que non atende a ningún criterio de sustentabilidade.
O consumo minimo non está alineado coa Directiva Marco da UE da auga. Hai concellos con ordenanzas que obrigan a conectarse, mas hai grande variabilidade entre ordenanzas. O concello de Ares, por exemplo, non cobra os primeiros 10m³  por ser necesidade básica, outros aplican a ratio de persoas vivindo para calcular  a tarifa por proporcionalidade etc. O Concello de Arousa ten propostoa  Viaqua eliminar a tarificación por consumo mínimo  para que o imposto final a pagar por cada usuario se axuste ao seu consumo real de auga. O caso de Cedeira aponta a xestión privada a través de Viaqua( (empresa concesionaria de auga e saneamento) ), malia estar recollido nos programas eleitorais  a remunicipalización de servizos básicos como o fornecimento de auga xa que o continua a xerar dúbidas é gravar consumos inexistentes acompañados  en paralelo de campañas “sensibilizadoras”  da auga como ben común. Pois unha cousa é o pagamento pola garantía de fornecimento ( calquera servizo destas características precisa mantemento) mas outro ben distinta é cobrar por auga non consumida. Alén da chamada “garantía de abastecemento”, unha tarifa mínima que se está a aplicar noutros concellos, o que non se pode é cobrar por auga non consumida mas tampouco albiscar un escenario de necesidades básicas a costo cero.
Por qué o goberno actual non racha coa inercia herdada e segue habendo consumo mínimo? Como é que é dos máis altos de todos? Porque se está a cobrar mesmo prezo por unha depuración de auga inexistente que non é consumida. A máis de escándalo é un timo.  Sería convinte e necesario que o goberna tripartito revisara os termos do programa de goberno conxunto xa que o próprio BNG na precampaña de 2015 xa propuña unha axenda para o rescate progresivo dos servizos públicos privatizados (cal é o período de concesión a Viaqua? (antes Aquagest, empresa obxecto de múltiples investigacións xudiciais sobre corrupción, con Vendex miolo da operación Pokemon,)
Tampouco se trata de premiar as casas baleiras mas o que é cuestionabel é tributar o mesmo importe a un suxeito pasivo que outro de consumo medio/alto. Un consumo minimo basico é factibel en base ás rendas familiares (valorandose se deben tributar ás vivendas baleiras ou ocasionais a garantia de abastecemento, o que é lóxico e asi se fai noutros lados). Cedeira é un dos que peor van conforme á directiva marco da auga: non fomenta o consumo responsabel, polo que facer folletos é un esperpento.O que indigna é que se promova un consumo racional da auga mentres se grava un consumo de auga inexistente, que se manteña cobro por consumos mínimos e á vez se pedia que non se consuma. Non sería máis acaído que os veciños e veciñas que gastan menos augas tamén paguen menos para fomentar os beneficios de aforrar? Ao cabo é un contrasentido que vai contra o “principio de equidade”, 1 m³ paga o mesmo que consumir 40m³.Que sentido ten perdir que non se consuma e cobrar igual?.

Para saber máis:

A voltas coa factura da auga

Seguindo a tendencia europea, o BNG propón remunicipalizar a xestión pública da auga

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: