off
Cedeira, Meio ambiente, Política local — 12 Outubro, 2017 at 9:08 a.m.

Cedeira activa unha campaña de sensibilización por un consumo de auga eficiente

by

[Pingota Comunicación] A seca que está a afectar a Galicia leva ao goberno de Cedeira a iniciar unha campaña de sensibilización entre a veciñanza para advertir aos veciños de que tamén eles poden contribuír a evitar situacións como a que agora se está a dar. Nun pequeno folleto -que se distribuirá entre a poboación local nos próximos días- recóllense, de maneira gráfica, dez claros exemplos do que se pode facer para reducir o consumo de auga. Con accións tan comúns como poden ser pechar as billas, optar pola ducha, encher a carga da lavadora, non deixar aberta a porta da neveira ou instalar dispositivos de aforro en billas e duchas se consume auga de forma eficiente.
O Concello tamén pide a colaboración dos veciños no sentido de que informen á empresa Viaqua -concesionaria do servizo de bastecemento de auga- cando vexan unha fonte que non para, unha rega de xardín estragada ou unha avaría na rede.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off