off

Puigdemont suspende a DUI e fai unha manifestación informal e condicional de independencia

by

O presidente catalá arrisca a unidade do independentismo para conseguir mediación para unha negociación 


Para abrir un período de mediación e facer unha última oferta de diálogo ao Estado. Malia o adiamento, Arrimadas asume porén que Puigdemont declarou a independencia, Albiol dubida e Iceta e Rabell o negan. A CUP láiase da petición de Puigdemont  e dí que o President deberia ter “proclamado solenemente a república”.Agora está por ver a reacción de Rajoy para abrir vieiros politicos que atinxan Europa. Porén, Arrimadas (Cs) asumiu que se ten declarado a independencia na Cataluña. Alén diso, o presidente do Consello Europeo pideu a  Puigdemont que non declarara a DUI e a Rajoy que dialogue. Donald Tusk advirteu que a declaración  sería negativa para Cataluña e para a UE.

A portavoz Anna Gabriel (CUP) expresou que  “esta proclamación solemen non chegou como queríamos” e, ao non facelo, talvez se teña perdido unha oportunidade nun momento de regresión de dereitos e coa ultra dereita nas rúas. E acrescentou: “Mantémonos firmes no noso alvo. Reafirmámonos na vontade de rachar as cadeas do réxime do 78 . Queremos un sistema que non sexa herdeiro do franquismo”. “Negociación? Con quen? Cun estado que nos nega dereitos fundamentais?”.

Cuixart (Òmnium): “Ninguén pode estar descontento por unha aposta pola mediación. Non é un paso atrás”

Neste momento, o Procès, xestionado por herdeiros da antiga CiU  parece ter servido para posicionar o PdCAT  en termos eleitoriais, con Ada Colau posicionada onte claramente a través dunha declaración unipersonal logo de ter asinado a carta ao Rei e a Rajoy.

Sànchez (ANC): “O gobern español tén a oportunidade de xestionar. Agardamos que o acepte”

A chamada  “via eslovena”, mesmo non sendo estrapolabel, serviu para procurar a intervención europea, que non tivo resultados, e Eslovenia acabou proclamando a independencia. O caso é que a UE non parece ter intención de intervir como o fixo no caso esloveno. A dúbida aberta é se esta fórmula servirá para acadar consensos.

 

O goberno español non acepta o diálogo coa Generalitat

A Moncloa afirma que “non se pode aceptar” que Puigdemont dé  validez ao 1-O. O portavoz de En Comú Podem, Xavier Domènech, pediu hoxe que o goberno español Mariano Rajoy, ao PSOE e a Ciudadanos que accepten “imediatamente” a oferta de negociación do President da Generalitat. Porén, Albert Rivera refugou a oferta e insiste que Rajoy ten de actuar.


Para saber máis:

Baixo as urnas non está a praia 

España e Europa descobren un problema

Vargas Llosa, Villarejo, Borrell e a falta de seducción

Rajoy esperando unha DUI

O Ibex off shore da Marca España

 


1-O Referendo de Autodeterminación en Cataluña


Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off