off

Vargas Llosa, Villarejo, Borrell e a falta de seducción

por Editorial

Antes de mais, para non mencionar en diante ao palestrante Vargas Llosa, este debe ser citado: “A paixón pode ser destrutiva se a moven o racismo e o fanatismo”. E a razón, debería ser engadido (a arrogancia cega a intelixencia). Clarificante tamén a imaxe impagabel de Villarejo e Borrell partillando cenario e discurso con García Albiol e Llosa. Porque os palestrantres da manifestación unionista de onte en Barcelona perderan ocasión para a sedución, ofrecendo apenas palabras de ferro e a mao dura de Rajoy. Palabras de fúria, semellante á de Filipe de Borbon para autorizar o uso da forza, se necesario, por mais que vestido como civil,  falara como militar, mostrando comprensión apenas para os cataláns que non concordan co goberno catalán. Non houbo un apelo credíbel para o diálogo ou calquer xesto para as perto de 900 vítimas da acción policial violenta contra cidadáns pacíficos durante o referendo 1-O . Pola contra, os corpos da Polícia Nacional e da Guarda Civil foran ovacionados repetidamente.

Porén, unha xentalla manifestouse onte en  Barcelona con fartura de bandeiras españolas. Acolleu unha manifestación masiva, a maior xa feita polo españolismo na Cataluña, con cataláns e de vários cantos do Estado. Foi unha manifestación con alguns incidentes – alguns vidros quebrados e símbolos nazistas e franquistas, como resultado da presenza de grupos de extrema direita – en defesa da unidade da España, unha defensa reactiva baseada na negación do direito da Cataluña para decidir seu futuro e, portanto, do referendo de 1-O.

As mensaxes centrais  da mobilización (350.000 segundo a Guarda Urbana, un  millón de acordo cos organizadores) foran unha petición para levar o presidente da Generalitat á prisión e exixir a aplicación do ” Artigo 155 da Constitución para intervir no goberno autónomo.

O unionismo tivo o  seu óptimo dia de presenza nas ruas, nun sinal saudábel de normalidade democrática. Unha normalidade, no entanto, que tamén se poderia expresar nas papeletas de voto que a manifestación negou onte, xa que nega o direito de decidir dos cataláns. A esencia da democracia representativ, alén de garantir a liberdade de expresión para todos, é resolver as diferenzas através da votación civil. Mas o unionismo, como o españolismo tradicional, permanece reactivo e intolerante ao catalanismo, ao galeguismo e ao abertxalismo e agora tamén contra a posibilidade de contar quen está a favor e quen en contra da independencia, sen oferecer un proxeto abranxente da diversidade nacional dos pobos do Estado.

Contrariamente ao expresado nalgunhas capas de xornais o de onte non foi a “a fin do silenzo” (El periódico) porque nunha sociedade aberta onde o relato hexemónico se expresa a eito nas televisións (cunha evidente asimetria numérica entre as catalanas e as españolas, entre as de expresión castellana e as que se expresan en galego, catalá e euskera) é dificil enxergar que na Cataluña se prohibira falar a ninguén. De facto, os partidos tiveran a oportunidade de facer campaña a favor do “non” e falan a diario nas radios e televisións públicas de Cataluña (a TV3 retransmiteu integramente ao vivo os discursos da manifestación unionista). Porén, a xente que quixo votar libremente o día 1 de outubro non o puido facer silenciados pola policia e a Guarda Civil. Alén diso, se o “non” á idependencia saiu masivamente á rúa porque non se expresou masivamente nas urnas que os seus concidadáns protexeran físicamente nos colexios eleitorais e nas que se podía depositar quer un “sí” quer un “non”? Qué delito hai en contarse?

Cando Borrell afirma desde o lugar que fala, que é o do establishment (foi ministro e expresidente  do Parlamento Europeo), que “somos tan cidadáns coma eles”,  non se substancia esa cidadanía dentro das democracias emprazadas cando na votación cada voto cidadá vale o mesmo? Como afirmou a primeira ministra da Escocia, desde cando o desexo de votar é ilegal?

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: