off

Kofi Annan adírese ás voces que piden diálogo

by

The Elders, un lobi formado por líderes globais apousantados da política, lamentan a violencia da policia.


Malia a negativa do goberno español, o Govern esculca un mediador que consiga sentar nunha mesa de negociación ao executivo español.  Malia as ofertas dentro do Estado- desde Íñigo Urkullo até a Orden de Avogados de Barcelona- o vieiro semella optar pola discreción ainda que o observador internacional Daan Everts, ten proposto ao expresidente norte-americano, Barack Obama, ou Kofi Annan, expresidente da ONU.

Annan  falou onte da situación catalana nun comunicado do grupo de líderes globais The Elders. O texto pide “diálogo” e unha resolución “pacífica” do conflicto entre o goberno español e a Generalitat, porén non apuntou a mediación. Alén diso, o comunicado foi ben recibido pola Generalitat, segundo informan varios xornais cataláns.

A entidade  fundada por Nelson Mandela está formada entre outros por Annan, Ban Ki-moon ( tamén ex secretario xeral da ONU), Jimmy Carter (expresidente norte-americano) o a arquebispo Desmond Tutu, lamenta a “violencia” vivda o 1-O e mostra a súa “fonda preocupación” pola situación de Cataluña.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off